Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Juan José González Cid, secretario do CPEIG e enxeñeiro informático, premio da Unión Profesional de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Juan José González Cid, secretario do CPEIG e enxeñeiro informático, premio da Unión Profesional de Galicia

S. P.
Publicado: 13/05/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

juan_jose_gonzalez_co_premio_acompanado_da_familia_e_o_presidente_do_cpeig_fernando_suarez_e_o_tesoureiro_francisco_rodriguez.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) celebrou o galardón concedido ao enxeñeiro informático e secretario da entidade Juan José González Cid nos Premios á Excelencia e Compromiso Profesional 2025 da Unión Profesional de Galicia (UPG). Estas distincións foron entregadas o pasado sábado 10 de maio nun acto celebrado no Hotel OCA Puerta del Camino en Santiago ao que asistiron o presidente do CPEIG, Fernando Suárez, e o tesoureiro do Colexio, Francisco Rodríguez.
O CPEIG propuxo a Juan José González Cid para este galardón por representar a “excelencia calada e constante”. Como secretario do CPEIG desde 2011, traballa cunha dedicación exemplar, sempre desde a discreción, cun carácter próximo e colaborador. “O seu compromiso co servizo público, a inclusión social e o impulso de proxectos como Navega con Rumbo ou o premio e-Inclusión da gala da Noite que organiza anualmente o Colexio, reflicten a súa vocación por mellorar a vida das persoas a través da tecnoloxía. É, sen dúbida, merecedor deste recoñecemento polo seu labor incansable, a súa xenerosidade e a súa humanidade”, manifestou o Colexio.
Juan José González Cid (Ourense, 1977), que vive a cabalo entre a cidade das Burgas e Santiago, é enxeñeiro en Informática pola Universidade de Vigo e Mestrado en Dirección de Proxectos con especialización en Seguridade Informática. Funcionario de carreira en distintas administracións públicas e docente na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) e a Universidade de Vigo. Actualmente traballa no ámbito TIC do Ministerio para la Transición Ecológica. Foi recoñecido pola Agencia Española de Protección de Datos (AEPD) e a Seguridade Social polo seu labor en ciberseguridade e inclusión dixital.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
huawei_1025317153-2172920907-1542614188427.jpg
Actualidade

Condena xudicial a Huawei nos EE.UU.

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?