Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Chegan a Game Pass Metaphor ReFantazio, The Division 2 e outras novidades para pechar maio
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Chegan a Game Pass Metaphor ReFantazio, The Division 2 e outras novidades para pechar maio

Redacción
Publicado: 21/05/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xbox_gamepass_announcement_5.20.2025_wadeupdate_en-52de71f079cf0d25586c_detalle.jpgXbox Game Pass despide maio con forza, incorporando títulos moi agardados e varios lanzamentos simultáneos no servizo. Xogos como Metaphor ReFantazio, Tales of Kenzera: Zau ou To a T combínanse con éxitos consolidados como The Division 2, ao tempo que se engaden novas opcións á nube e se anuncian os primeiros xogos de xuño.
Desde o 21 de maio está dispoñible Monster Train 2, unha proposta na que antigos anxos e demos deben aliarse para combater os Titáns que tomaron o Ceo. A bordo de trens máxicos, a viaxe lévate polo Inferno, o Ceo e o Abismo.
stalker2_apps.35808.jpg O 22 de maio chegan dúas propostas ben distintas. Por unha banda, Creatures of Ava, unha aventura de acción e salvamento ambiental na que cómpre gañar a confianza das criaturas que habitan un planeta en perigo; pola outra, S.T.A.L.K.E.R. 2, que nos devolve á Zona de Exclusión de Chornóbil para unha experiencia de supervivencia e exploración marcada polas anomalías, os artefactos e as consecuencias das túas decisións. Ese mesmo día incorpórase tamén Tales of Kenzera: Zau ao catálogo de EA Play, incluído en Game Pass Ultimate e para PC. Nel, o protagonista asume o papel dun chamán guiado polo Deus da Morte nun mundo tan fermoso como traizoeiro.
the_division2_apps.27526.jpg O 27 de maio sumarase Tom Clancy’s The Division 2, xusto ao comezo da sétima tempada. A acción ten lugar nunha Washington D.C. arrasada, onde un grupo de axentes civís intenta restablecer a orde fronte a diversas faccións hostís.
Ao día seguinte, o 28 de maio, chega To a T, unha historia creada polo autor de Katamari Damacy sobre un adolescente que vive permanentemente en posición de T. Co seu can como compañía e moita imaxinación, tenta levar unha vida o máis normal posible nunha vila chea de personaxes singulares.
metaphor_apps.11730.jpg O 29 de maio será a quenda de Metaphor ReFantazio, RPG de fantasía gañador do premio ao mellor xogo de rol nos The Game Awards. Nesta historia épica cómpre participar nun torneo real para liberar un príncipe maldito e unir un reino dividido, combinando exploración, combates por quendas e máis de corenta arquetipos por desbloquear. Ese mesmo día tamén se engade Spray Paint Simulator, un xogo relaxante no que se pode montar un negocio de pintura e decorar desde coches ata robots xigantes, tanto en solitario coma en compañía.
Xa en xuño, o día 3 chegan Crypt Custodian, unha aventura metroidvania protagonizada por un gato condenado a limpar o máis aló, e Symphonia, un xogo sen violencia no que un violinista debe reconstruír a maquinaria musical dun mundo en ruínas.
Ademais, o 23 de maio, quince títulos clásicos e recentes incorpóranse ao catálogo de xogo na nube, entre eles Brütal Legend, Grim Fandango Remastered, Quantum Break, Rare Replay ou Sunset Overdrive.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?