Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lumines regresa cunha entrega inspirada en Tetris Effect
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Lumines regresa cunha entrega inspirada en Tetris Effect

Redacción
Publicado: 05/06/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

477ca3f02e68930e8609b8e3d06aad35.jpgDúas décadas despois do seu debut na PSP, a icónica serie Lumines regresa con forza baixo o título Lumines Arise, un novo capítulo deseñado desde cero para levar a sinerxía entre música, efectos visuais e xogabilidade a un nivel sen precedentes. Estará dispoñible este outono para PlayStation 5, con compatibilidade opcional con PS VR2.
Desde o primeiro segundo, Lumines Arise aposta por converterse nunha experiencia sensorial total. Non se trata só dun xogo de crebacabezas: é unha viaxe emocional a través de máis de 30 escenarios que mesturan selvas, océanos cheos de vida, ruxidos urbanos e paisaxes cósmicas. Todo iso ao ritmo dunha banda sonora que busca provocar sinestesia: que vexas a música e escoites a luz.
54567996934_9c8f03360d_o.jpg A mecánica básica segue sendo familiar para os seguidores da franquía: bloques de 2×2 con dúas cores que se colocan para formar cadrados da mesma cor. A medida que a liña temporal avanza ao ritmo da música, borra os cadrados completos, obrigando o xogador a pensar e actuar con ritmo e estratexia. Pero esta entrega vai máis alá grazas á nova función Burst, que permite gardar un cadrado no taboleiro para maximizar as combinacións e sumar puntos masivos antes de que remate o tempo.
A resposta física tamén xoga un papel fundamental: o mando DualSense transmite vibracións que se sincronizan co son e co movemento na pantalla, contribuíndo á sensación de fluxo onde todo o demais desaparece. A esta inmersión súmaselle a posibilidade de personalizar avatares, cun catálogo máis amplo ca nunca e en constante expansión.
A música, composta polo grupo Hydelic (responsable tamén da banda sonora premiada de Tetris Effect: Connected), é parte central da experiencia. Cada acción do xogador modifica a paisaxe sonora, convertendo cada partida nunha interpretación única.
Lumines Arise promete ser máis ca un xogo: é unha obra audiovisual pensada para emocionar. Unha demo está prevista para este verán, con opcións multixogador, anticipándose ao outono, cando está previsto que este xogo se faga realidade.


Tráiler de presentación do xogo

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?