Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: R conciencia ás empresas galegas sobre ciberseguridade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

R conciencia ás empresas galegas sobre ciberseguridade

Redacción
Publicado: 05/06/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mentesdixitais-14.jpgR celebrou esta mañá unha nova edición das súas Xornadas Tecnolóxicas, de novo no restaurante Árbore da Veira, no Miradoiro de San Pedro, para explorar, da man de destacadas mentes dixitais, o papel esencial da ciberseguridade.
Na xornada Mentes dixitais analizouse a situación xeopolítica actual e ofrecéronse claves prácticas para instar ás empresas a adaptarse ao contexto global sen fronteiras en transformación constante.
Un encontro, destinado ao tecido empresarial galego, botou a andar coa benvida por parte do director de R e MasOrange en Galicia, Alfredo Ramos, quen contextualizou o rol crucial da ciberseguridade como alicerce do funcionamento empresarial actual.
mentesdixitais-02.jpg Pedro Baños, coronel de Infantaría (na reserva), acompañado polo director de La Voz de Galicia, Xosé Luís Vilela, afondou no uso do ciberespazo como ferramenta de presión e sabotaxe por parte de actores estatais e non estatais. Tamén abordou como a fragmentación do poder mundial e a rivalidade xeopolítica derivan en novas ameazas dixitais. A súa intervención realizou unha análise estratéxica dos principais riscos e achegou recomendacións prácticas para fortalecer a resiliencia de institucións públicas e empresas privadas.
mentesdixitais-09.jpg Tras esta ampla panorámica da ciberseguridade os asistentes puideron coñecer a visión da ciberseguridade da experta internacional en tecnoloxía e tendencias de futuro Silvia Leal, quen acompañada por Susana Rey (da Oficina de Privacidade e IA de R), abordou material que van dende os ciberataques avanzados ata a carencia de cultura dixital. Insistiu na necesidade dunha formación continua para loitar contra os ciberataques e mitigar o seu impacto, salientado o feito de que as empresas que parecen ataquen tenden a perder unha boa parte dos seus clientes, polo que considera fundamental dar confianza, non só adoptando medidas, senón tamén divulgándoas, conseguindo así un efecto dobre: mellorar a seguridade e disuadir aos atacantes (que preferirán obxectivos máis doados).
mentesdixitais-07.jpg Aínda que boa parte das intervencións de Silvia Leal podería parecer negativas, por estar continuamente a alertar das moitas ameazas ás que ten que facer fronte dende as empresas, quixo pechar coa luz da esperanza, deixando caer que os avances en computación cuántica que moitos están a ver como unha ameaza para os sistemas de cifrado, poderían supor tamén unha importante mellora para a seguridade grazas ás imposibilidade de interceptación dos entrelazamentos cuánticos.
mentesdixitais-11.jpg Como peche da xornada fíxose entrega o II Premio aleluIA, galardón que distingue proxectos tecnolóxicos marcados pola creatividade e a innovación, á empresa lusa de accesorios e moda Parfois. O CTO da compañía, Jesús Salceda, recolleu o recoñecemento da man de Xosé Penas (grandes contas de R), e comentou o bo uso que están a facer da ferramentas tecnolóxicas para xestionar o abastecemento dos seus establecementos, considerando que é un elemento clave para o seu éxito empresarial.




Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026
Eventos

As tecnoloxías galegas con impacto positivo centran un encontro na Coruña

16/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?