Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Game Pass renova a súa oferta de xogos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

O Game Pass renova a súa oferta de xogos

Redacción
Publicado: 18/06/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

xbox_gamepass_announcement_16x9_6.17.2025_en-us-9ec618b0a5d78cc82055_detalle.jpgXbox continúa a súa expansión de contidos co lanzamento dunha nova remesa de xogos dispoñibles para os subscritores de Game Pass, incluíndo estreas simultáneas, títulos moi agardados e remasterizacións de franquías históricas como Warcraft e Call of Duty. A chegada desta nova vaga coincide co recente Xbox Games Showcase, que deixou unha chea de anuncios para os fans da consola de Microsoft.
Dende esta semana xa se poden descargar títulos como FBC: Firebreak, un shooter cooperativo en primeira persoa ambientado nunha axencia federal asediada por forzas paranormais, e Lost in Random: The Eternal Die, unha aventura de acción táctica onde os dados teñen un papel clave no combate. Tamén se incorpora Crash Bandicoot 4: It’s About Time, unha viaxe interdimensional protagonizada polos icónicos Crash e Coco.
Nas vindeiras semanas, os xogadores poderán gozar de máis propostas como Star Trucker e Wildfrost o 18 de xuño, Rematch, un novo xogo de fútbol 5 contra 5 o día 19, ou Volcano Princess, unha mestura entre simulador de crianza e RPG dispoñible a partir do 24 de xuño.
O 26 de xuño marcará unha data clave coa chegada das versións remasterizadas de Warcraft I e II e a edición reforxada de Warcraft III, que traen novas gráficas, melloras de control e elementos sociais modernos ao universo de Azeroth. Ese mesmo día tamén se lanza Against the Storm en consola e nube, un city-builder de fantasía escura xa dispoñible en PC.
O mes péchase o 30 de xuño coa chegada de Call of Duty: WWII, mentres que o 1 de xullo se incorporan Little Nightmares II e Rise of the Tomb Raider, este último de regreso ao catálogo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?