Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Dous novos graduados do Fab Academy 2025 en A Industriosa de Vigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Dous novos graduados do Fab Academy 2025 en A Industriosa de Vigo

S. P.
Publicado: 23/06/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

industriosa_fab_academy.jpgO laboratorio tecnolóxico cidadán A Industriosa en Vigo está de celebración. Segundo compartiu o equipo deste centro maker vigués, o seu nodo oficial de Fab Academy (o primeiro de Galicia) saldouse con notable éxito. Ao abeiro desta innovadora experiencia formativa coordinada pola Industriosa, os makers Pepe Vázquez e Francisco Ruz, alumnos do nodo e profesores da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (ETSAC), veñen de graduarse con éxito no programa Fab Academy 2025.
Ao longo de 20 semanas intensivas, desenvolveron competencias en deseño, fabricación dixital, programación e electrónica, completando tamén os seus proxectos finais con excelente calidade técnica e pedagóxica.
Segundo informou o centro vigués, a participación de Pepe Vázquez e Francisco Ruz marca un fito importante: o comezo do Fab Lab na ETSAC e o fortalecemento da rede de fabricación dixital en Galicia, “cunha clara vocación educativa e aberta á innovación”.
A Industriosa tamén agradeceu o labor de Luis Díaz-Faes, que actuou como instrutor local, acompañando o proceso con dedicación e compromiso.
Podemos ver os proxectos e a documentación xerada na web da Fab Academy, na sección adicada a Pepe Vázquez e na de Francisco Ruz.
Como lembraremos, a Asociación Tecnolóxica A Industriosa converteuse en 2024 nun dos centros formativos do curso internacional de fabricación dixital Fab Academy, prestixiosa formación internacional de fabricación dixital coordinada polo director do Centro de Bits e Átomos do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts.
O curso Fab Academy está dirixido por Neil Gershenfeld, o director do Centro de Bits e Átomos do MIT (o Instituto Tecnolóxico de Massachussets) e principal impulsor do movemento mundial do faino ti (espírito maker) aproveitando a potencia da computación e as máquinas controladas por computador, como poden ser as impresoras 3D, as fresadoras CNC (de Control Numérico Computerizado), as cortadoras láser e as de vinilo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?