Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Novo éxito de participación da feira de videoxogos Rianxo Gaming
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Novo éxito de participación da feira de videoxogos Rianxo Gaming

S. P.
Publicado: 07/07/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

rianxo_gaming_3.jpgO pasado sábado Rianxo converteuse nun acceso directo ao mundo dos videoxogos grazas á nova edición de Rianxo Gaming, feira tecnolóxica para a mocidade (principalmente) que aborda a cuestión gamer dende unha óptica creativa, participativa e saudable.
De feito, nos días previos á celebración do evento en si mesmo, desenvolveuse no Auditorio Municipal, o mércores 25 de xuño, a charla O mundo dixital en familia, xornada encadrada en Rianxo Gaming e máis no programa municipal Escolas de Familias 2025, na que se abordaron as ferramentas para unha convivencia axeitada e enriquecedora coas novas tecnoloxías.
rianxo_gaming_2-2.jpgVolvendo ao miolo de Rianxo Gaming, celebrouse ao longo de toda a xornada do sábado 5 de xullo, no Campo de Arriba, e congregou centos de persoas seareiras das máis variadas disciplinas e vertentes do lecer tecnolóxico. Nesta edición o encontro seguiu a consolidarse, en palabras da organización (Concello de Lúa Gaming), como “a feira de videoxogos máis importante da nosa zona”.
A feira incluíu múltiples actividades de xogo libre, mostra de xogos retro, arcades, tendas, xantar e torneos de Mario Kart, Brawl Stars, EA Sports FC e Smash Bros, e coa novidade dos xogos de mesa e o torneo de cartas coleccionables de Pokémon TCG. O punto musical veu da man de Gallos del Norte e da Banda de Música Vila de Cedeira, co concerto Are you ready to play?, o sábado pola noite.

A concelleira Ana Vidal Fungueiriño e o alcalde Julián Bustelo na súa visita á Rianxo Gaming
A concelleira Ana Vidal Fungueiriño e o alcalde Julián Bustelo na súa visita á Rianxo Gaming
O evento estivo organizado e patrocinado polo Concello de Rianxo e a produción de Lua Gaming. Participaron Faneka Gming, Gallos del Norte, Counter Slime, Volvemos a Primera producciones, Astora Comics, Sol Maya, Beest ·D Galicia, Vella Escola Cultura Urbana, Recuncho Gamer, A Moreniña e a Banda de Música Vila de Cedeira.
Patrocinaron ou colaboraron Xanela, Creade Impresión Digital, Fibra Rianxo, Librería Cándido, Ramón e Óscar Tubío, Rent Galicia Inmobiliaria, Kiosco José Ramón e a Escola de Música de Rianxo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?