Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Cyberpunk 2077 incorpórase a PlayStation Plus
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Cyberpunk 2077 incorpórase a PlayStation Plus

Redacción
Publicado: 09/07/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

c40f40bc589be6a605a36a31bb40d9e9c6618c0b.jpgEste mes, os xogadores de PlayStation Plus poderán mergullarse en aventuras futuristas, combates sobrenaturais e auténticos mundos salvaxes con novos títulos que se incorporan ao catálogo de xullo. Como parte das celebracións polo 15.º aniversario do servizo, Cyberpunk 2077 chega hoxe, acompañado dun desconto do 30 % na expansión Phantom Liberty. Outros xogos destacados, como Abiotic Factor e Banishers: Ghosts of New Eden, estarán dispoñibles a partir do 15 e do 22 de xullo respectivamente.
En Cyberpunk 2077 (PS5, PS4), os xogadores converteranse en V, un mercenario sen lei que tenta facerse un nome nas rúas de Night City. Este xogo de rol de mundo aberto, creado por CD Projekt Red, ofrece unha historia moldeada polas decisións do xogador e unha ambientación futurista marcada polo poder, o glamour e a modificación corporal.
eb11b34bd11ebd78d11bdea0cae51869_detalle.jpg Abiotic Factor (PS5), dispoñible a partir do 22 de xullo, convida a grupos de ata seis científicos a sobrevivir nun complexo subterráneo onde se mesturan a ciencia ficción propia dos anos 90 con ameazas interdimensionais. A cooperación, a creación de obxectos e a exploración son chave para descubrir os segredos que se agochan entre experimentos fracasados e artefactos paranormais.
Tamén se incorpora Banishers: Ghosts of New Eden (PS5), unha emocionante historia de amor e loita entre cazadores de fantasmas ambientada na América do século XVII. As decisións morais, o combate e unha narrativa intensa marcarán o destino da parella protagonista, Red e Antea, cando esta última se converta nun espírito tras unha misión tráxica.
A oferta complétase con títulos para todos os públicos, como Bluey: El Videojuego (PS5, PS4), ideal para os máis pequenos da casa, ou propostas máis complexas como Planet Zoo (PS5), onde poderás deseñar e xestionar o teu propio zoolóxico, ou Risk of Rain 2 (PS5, PS4), un frenético shooter cooperativo con elementos roguelike.
Os xogadores máis estratéxicos poderán encarnar a El Presidente en Tropico 6 (PS5, PS4), mentres que os amantes da acción online terán unha nova oportunidade de explorar o mundo máxico e hostil de New World: Aeternum (PS5).
Ademais, os subscritores de PlayStation Plus Premium gozarán do regreso de dous clásicos da loita sobre rodas: Twisted Metal 3 e Twisted Metal 4, agora con funcións modernas como rebobinado, gardado rápido e filtros de vídeo personalizables.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?