Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Adamo achega a 5G aos seus clientes de telefonía móbil na contorna rural
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Adamo achega a 5G aos seus clientes de telefonía móbil na contorna rural

S. P.
Publicado: 30/07/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

tecnico_adamo-1ddc8.jpgA operadora de telecomunicacións Adamo, moi presente no rural dos concellos de Lugo (en máis de medio cento deles, de feito), vén de integrar a 5G no conxunto da súa rede coa vantaxe de non implicar un aumento de prezo para o usuario. Trátase, en palabras da operadora, “dun movemento que supón un paso de xigante para situarse na vangarda das telecomunicacións”, ao achegar aos seus clientes todas as posibilidades que permite a quinta xeración de tecnoloxía de redes móbiles. “Iso cobra especial relevancia nas poboacións rurais, as cales conforman maioritariamente a carteira de usuarios da empresa”, engade a empresa.
Tamén en cidades pequenas e en vilas grandes
adamo_telefonica_5g_rural.jpg Aínda que é certo que esta cobertura destaca especialmente nas capitais e nas urbes de maior tamaño, Adamo sobe agora un banzo na universalización da 5G. Deste xeito, o 100% dos municipios de entre 10.000 e 25.000 habitantes con presenza da empresa xa conta con esta tecnoloxía. Ademais, Adamo tamén estende a 5G a varios centenares de núcleos cuxo número de veciños queda por baixo dos 5.000.
Vantaxes da 5G
Adamo lembra que esta nova cobertura xa vai incluída na tarifa dos usuarios que conten cunha móbil 5G, “os cales gozan dunha maior velocidade de transferencia de datos e de navegación ao estar conectados a unha rede menos saturada; rexistran unha latencia máis baixa, con tempos de resposta máis curtos e con inmediatez no consumo de contidos (en grao sumo efectivo para xogar en liña); teñen unha conectividade máis estable; contan coa opción de poder conectar unha gran cantidade de dispositivos ao mesmo tempo; e gañan en eficiencia enerxética respecto ás xeracións anteriores de redes móbiles, o que se traduce nunha maior duración das baterías”, sinalan dende a operadora.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?