Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Redondela organiza un campamento dixital para a rapazada con tres quendas en agosto
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Redondela organiza un campamento dixital para a rapazada con tres quendas en agosto

S. P.
Publicado: 06/08/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

aventuras_dixitais_redondela.jpgA Concellería de Novas Tecnoloxías de Redondela puxo en marcha actividades de formación tecnolóxica para a rapazada de entre 9 e 17 anos durante o mes de agosto. Nos campamentos dixitais faranse grupos por idades e os participantes aprenderán a manexar drons, equipos de robótica, impresoras e escáner 3D, lentes de Realidade Virtual e placas de programación, entre outros equipamentos.
O mes de agosto comezou con actividades de capacitación tecnolóxica para a rapazada: as e os participantes, ademais de utilizar computadores e tabletas, tamén aprenderán a empregar impresoras 3D e escáner 3D, kits de robótica, drons, lentes de Realidade Virtual, placas de comunicación e programación tipo Arduino e Raspberry, webcam e panel croma, entre outros materiais.
Trátase de campamentos dixitais dunha semana de duración con tres quendas, unha para grupo de idade. O primeiro grupo, do 1 ao 8 de agosto, está dirixido a nenos e nenas de 9 a 11 anos. O horario das actividades é de 9:00 a 14:00 horas. A segunda quenda, para a rapazada de 12 e 13 anos, será do 11 ao 19 de agosto, en horario de 9:00 a 14:00 horas. O último grupo, do 20 ao 29 de agosto, é para mozos e mozas de 14 a 17 anos. Será en horario de 10:00 a 14:00 horas.
A actividade é gratuíta, con 12 prazas dispoñibles en cada grupo que se adxudicarán por orde de inscrición, priorizando en todos os casos aos menores empadroados en Redondela. A matrícula debe realizarse por rexistro, tanto de xeito presencial no Concello ou na sede electrónica.
O concelleiro de Novas Tecnoloxías, Antonio Cabaleiro, sinala que se trata dunha oportunidade “excelente” para que a mocidade entre en contactos “con equipamento de última tecnoloxía cunha ampla formación teórica e práctica”.
Os campamentos dixitais realizaranse na Aula CeMIT de Redondela. A actividade está financiada polo Ministerio de Juventud e Infancia a través dos fondos da Unión Europea.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

O videoxogo galego In Nomine Rally pon a proba a capacidade de IA para crear novas e revolucionarias aventuras
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026
gtc25-phase3-wmfg.jpg
Actualidade

nVIDIA restitúe a Jensen Huang como presidente e conselleiro delegado tras unha investigación interna

23/11/2026
Actualidade

O programa de formación dixital para pemes da Deputación da Coruña e o ITG arrinca este martes en Boiro

23/11/2026
Actualidade

Cinfo presenta un centro de control que xestiona máis de 700 eventos deportivos cada fin de semana

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?