Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A EGAP organiza dous novos cursos en modalidade de teleformación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A EGAP organiza dous novos cursos en modalidade de teleformación

Redacción
Publicado: 18/08/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

egap-3-2.jpgA Xunta de Galicia, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), organiza dúas novas accións formativas en prevención de riscos laborais en modalidade de teleformación, coa colaboración da Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Estas iniciativas buscan promover unha cultura preventiva sólida e accesible para diferentes colectivos, con programas adaptados ás súas necesidades específicas. Os cursos impartiranse a través da aula virtual da EGAP e inclúen contidos específicos sobre prevención desde a perspectiva de xénero, reforzando o compromiso coa igualdade no ámbito laboral.
Con estas propostas, a Xunta continúa reforzando o acceso á formación en prevención de riscos laborais, tanto no tecido produtivo como entre a mocidade e no eido do tempo libre, apostando por unha Galicia máis segura, concienciada e preparada fronte aos desafíos da saúde laboral.

Contidos
  • Curso básico de prevención de riscos laborais – Edicións T01, T02 e T03
  • Curso de prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre – Nivel básico

Curso básico de prevención de riscos laborais – Edicións T01, T02 e T03

Impúlsanse tres novas edicións do Curso básico de prevención de riscos laborais, cunha duración de 60 horas, das que 10 estarán dedicadas á perspectiva de xénero. O curso está dirixido a traballadores en xeral, persoas designadas para funcións preventivas de nivel básico, profesionais que precisen coñecementos neste ámbito e quen teña interese na seguridade e saúde laboral.
Os obxectivos son proporcionar as competencias necesarias para xestionar a prevención nos centros de traballo e capacitar os empresarios para asumir esta responsabilidade directamente. A inscrición estará aberta ata o 28 de agosto de 2025 ás 23:55, a través da plataforma da EGAP.

Curso de prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre – Nivel básico

A segunda acción formativa está especificamente orientada ao ámbito do tempo libre, a xuventude e o voluntariado. Este curso, tamén de 60 horas de duración, impartirase en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e a EGAP, no marco do convenio EGAP-ISSGA, igualmente en modalidade de teleformación a través da aula virtual da EGAP.
Está dirixido á mocidade galega e a profesionais da información xuvenil e do tempo libre. Terán preferencia, por esta orde, quen conte cun título de monitor ou director de tempo libre, quen dispoña do Carné Xove e, finalmente, a orde de inscrición.
O programa, adaptado aos riscos específicos do sector, estrutúrase en seis módulos: conceptos básicos sobre seguridade e saúde, riscos xerais, riscos específicos en actividades de tempo libre, xestión da prevención, primeiros auxilios e perspectiva de xénero. O período de inscrición abrirase o 25 de agosto de 2025 ás 9:00 e pecharase o 5 de setembro de 2025 ás 23:55, tamén a través da web da EGAP.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?