Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os lumes provocan problemas na rede móbil de Vodafone
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Telefonía

Os lumes provocan problemas na rede móbil de Vodafone

Redacción
Publicado: 19/08/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

vodafone_estacion_leon.jpgEsta mañá usuarios de Vodafone rexistraron problemas de conexión que afectaron tanto ao servizo móbil como, nalgúns casos, á conexión fixa. As primeiras incidencias detectáronse arredor das 9:00 e, segundo confirmou a operadora, quedaron xa solucionadas.
A compañía explicou que a orixe dos problemas estivo nun corte de fibra motivado polos incendios en zonas de Ourense e León, que deixou sen servizo durante menos dunha hora a varios puntos do territorio. As dificultades concentráronse sobre todo no acceso a Internet móbil, aínda que tamén houbo reportes de apagadas totais de conectividade.
Nun comunicado, a operadora destacou que incrementou recursos nas zonas afectadas polos lumes para garantir a continuidade dos servizos de telecomunicacións. «Vodafone traballa en coordinación coa Xunta de Galicia, a Xunta de Castela e León, a Unidade Militar de Emerxencias e outras administracións públicas para priorizar o restablecemento do servizo e asegurar cobertura nos campamentos base desde onde se coordinan as brigadas de extinción», sinalaron.
A compañía advertiu de que o principal problema está nas acometidas eléctricas queimadas, ás que resulta difícil acceder, e no risco que supón instalar grupos electróxenos en áreas afectadas polo lume. Aínda así, os traballos proseguirán ata acadar a normalidade.
Como medida adicional, Vodafone activou datos ilimitados sen custo nas liñas móbiles dos clientes que perderon as súas vivendas ou tiveron que ser desaloxados, e comprometeuse a repoñer os equipos necesarios tamén de forma gratuíta.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Telefonía

Galicia, á cabeza das comunidades que concentrarán maior número de emprazamentos 5G

17/11/2026
Telefonía

Telefónica deixará de ser a operadora obrigada a prestar o servizo universal de telecomunicacións

06/11/2026
Telefonía

R levará a 5G con Orange a lugares moi illados de Galicia

30/10/2026
primeira_satelite_vodafone-ast.jpg
Telefonía

Deutsche Telekom, Orange, Telefónica e Vodafone poderían aliarse para ofrecer telefonía móbil por satélite

19/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?