Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A consola portátil certificada por Xbox xa ten data de lanzamento
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

A consola portátil certificada por Xbox xa ten data de lanzamento

Redacción
Publicado: 20/08/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

xbk_dual_16x9_081325-be1418a428eca2fff1e3.jpgXbox anunciou hoxe a data de lanzamento mundial das portátiles ROG Xbox Ally e ROG Xbox Ally X, que chegarán o 16 de outubro, a tempo para o Nadal. Presentadas por primeira vez a comezos deste ano, estas consolas inauguran unha nova etapa no xogo portátil, facilitando o acceso aos títulos favoritos de Xbox, Battle.net e outras tendas líderes de PC desde calquera lugar.
As ROG Xbox Ally estarán dispoñibles desde o 16 de outubro en numerosos países entre os que figura España, aínda que polo momento non detallan os prezos e o calendario de reservas pola inestabilidade dos mercados internacionais a causa dos aranceis.
Xbox presentou tamén o Programa de compatibilidade de dispositivos portátiles, unha iniciativa destinada a verificar, probar e optimizar milleiros de xogos para este formato. Desde o lanzamento, os usuarios poderán identificar na súa biblioteca aqueles títulos preparados para o uso en portátil grazas ás insignias Optimizado para dispositivos portátiles ou Maiormente compatible. Ademais, os xogos incluirán un indicador de axuste de rendemento de Windows que permitirá coñecer o comportamento esperado en cada dispositivo.
rog-raikiri-ii-xbox-wireless-controller.jpg As novidades técnicas inclúen a entrega avanzada de shaders, unha función que precarga os shaders durante a descarga, conseguindo que determinados xogos se inicien ata dez veces máis rápido, con execución máis fluída e menor consumo de batería no primeiro uso. A partir de comezos do próximo ano, a ROG Xbox Ally X incorporará características potenciadas por intelixencia artificial, como a Súper resolución automática (Auto SR), que mellora automaticamente a resolución e a taxa de fotogramas en xogos que funcionan a definicións máis baixas, e a creación de Reels destacados, clips automáticos cos mellores momentos de cada partida para compartir en redes sociais.
Tamén se presentou o ROG Raikiri II Xbox Wireless Controller, mando desenvolvido por Asus dentro do programa Designed for Xbox, que incorpora unha taxa de refresco de 1.000 Hz en modo PC, joysticks TMR antidesgaste e gatillos de dobre modo.


Anuncio do Programa de compatibilidade de dispositivos portátiles

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?