Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha demanda colectiva considera que as compras de contidos dixitais son enganosas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha demanda colectiva considera que as compras de contidos dixitais son enganosas

Redacción
Publicado: 26/08/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

alien_director_s_cut_amazon.jpgO pasado venres presentaron ante un tribunal federal do estado de Washington unha nova demanda colectiva contra Amazon, compañía acusada de enganar aos consumidores co uso do temo comprar nas súas transaccións dixitais en Prime Video. Acusan a Amazon de comercializar películas e series como se se tratase dunha adquisición en propiedade, cando en realidade o que se obtén é unha licenza limitada para velas, susceptible de ser revogada en calquera momento.
O caso exemplifícase con títulos como a versión do director de Alien, dispoñible por 4,99 dólares. Aínda que o usuario a compra, se Amazon perde os dereitos dese corte, pode substituílo pola versión de cinema ou mesmo retiralo completamente da biblioteca. Esta práctica xa fora cuestionada en 2020, cando Amazon defendeu que a palabra comprar non resultaba enganosa, apoiándose en definicións de dicionario que a vinculan co dereito de uso e non necesariamente coa propiedade perpetua.
A nova demanda contra Amazon denuncia publicidade enganosa e competencia desleal, subliñando que o aviso de que o usuario só adquire unha licenza aparece agochado nun pé de páxina con letra máis pequena ca o resto do texto. Ademais, a recente entrada en vigor en California dunha lei que prohibe anunciar unha operación como compra se non implica unha propiedade plena podería reforzar o caso.
O avogado dos demandantes, Wright Noel, sostén que Amazon non cumpre coa normativa ao non ofrecer unha advertencia clara e visible de que a licenza é revogable. Os demandantes solicitan indemnizacións económicas non especificadas, que inclúen tanto a devolución dos beneficios obtidos como danos punitivos por un comportamento que consideran deliberadamente enganoso.
A evolución desta demanda é de especial interese, xa que a práctica de Prime Video é común na industria dos contidos dixitais (dende a música ata os videoxogos), e unha resolución en contra podería ter un impacto en todo o sector.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?