Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gears of War: Reloaded xa está aquí
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Gears of War: Reloaded xa está aquí

Redacción
Publicado: 26/08/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

gow_reloaded_keyart_4k-97bf0e7a9de7dc68b771.jpgGears of War: Reloaded chega xa a Xbox Series X|S, Xbox en PC, PlayStation 5 e Steam, estando dispoñible desde o primeiro día en Game Pass Ultimate e PC Game Pass, con compatibilidade con Xbox Play Anywhere. O lanzamento supón o arranque das celebracións polo 20 aniversario da franquía, que fixo a súa primeira aparición en 2006 na Xbox 360.
Reloaded foi completamente remasterizado e optimizado para o hardware actual. Inclúe todo o contido da Ultimate Edition e todos os complementos publicados tras o lanzamento, como o acto de campaña adicional, mapas e modos multixogador e unha ampla lista de personaxes e elementos cosméticos sen custo engadido. Cada aspecto do xogo orixinal foi elevado aos estándares modernos, desde a arte e o son ata as cinemáticas.
gow_reloaded_4k_screenshot_estate-c092f5bbcae43383e7da.jpg Entre as melloras técnicas destacan a resolución 4K, campaña a 60 imaxes por segundo e multixogador a 120 imaxes por segundo, texturas remasterizadas, efectos de posprocesado mellorados, sombras e reflexións máis realistas, HDR, Dolby Vision, Dolby Atmos, audio espacial 3D 7.1, VRR e tempos de carga practicamente eliminados.
O título ofrece progresión e xogo cruzado en todas as plataformas, o que permite formar escuadróns sen restricións entre usuarios de Xbox, PlayStation e Steam. Para iso é preciso empregar unha conta de Microsoft, que tamén garante que o progreso en campaña e multixogador se garde en calquera dispositivo.
reloaded-launch-3840x2160-1-2d1fbc4f30ed399b7381.jpg Como parte da celebración, quen comprara a edición dixital de Gears of War: Ultimate Edition antes do 5 de maio de 2025 poderá actualizar a Reloaded de forma gratuíta. E para os subscritores de Game Pass Ultimate e PC Game Pass, o xogo xa está dispoñible desde hoxe no catálogo.
Crump lembra tamén un dos momentos máis impactantes do orixinal: «O terror de atopar á Berserker quedará para sempre gravado na miña memoria. A súa presentación é un deses momentos de “oh, merda” que non se esquecen».


Tráiler do xogo

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?