Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Altia renova marca e aposta pola tecnoloxía como factor decisivo de crecemento
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Altia renova marca e aposta pola tecnoloxía como factor decisivo de crecemento

S. P.
Publicado: 14/10/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

altia_nova_marca.jpgA empresa galega Altia, referente tecnolóxico estatal, presentou este mes de outubro a súa nova identidade de marca, que dá paso a unha nova etapa tras celebrar o seu 30 aniversario o pasado ano. Máis polo miúdo, Altia estreou imaxe pero tamén lema, Technology for real growth, un epígrafe que constitúe, en palabras da firma con sede en Oleiros, “unha declaración de intencións que reforza o noso compromiso co crecemento real de clientes, profesionais e da sociedade”.
Engaden que este cambio responde “á necesidade de actualizar a marca para facela máis coherente coa nosa evolución empresarial e reflectir a integración das novas compañías adquiridas nos últimos anos”.
O proceso buscou ademais proxectar “unha identidade viva, moderna e compartida, capaz de atraer e reter talento nun sector competitivo”.
Nesta fase inicial da nova andaina inclúense as empresas cabeceira do grupo noutros mercados: Noesis, en Portugal e certos mercados internacionais; e Bilbomática, na zona norte peninsular.
Altia engade que a redefinición inclúe tanto a identidade visual como a verbal, “cun ton de comunicación aliñado con valores de proximidade, claridade e compromiso”. A idea, apuntan, foi achegar “unha cultura de marca máis sólida na que as persoas ocupan un papel central cunha misión: ofrecer servizos de alto valor para a dixitalización de organizacións en todo o mundo”.
Previsións
A nova identidade preséntase un ano no que Altia prevé alcanzar unha facturación de 300 millóns de euros e superar os 330 millóns en 2026, cun beneficio neto estimado superior nun 57%, alcanzando os 24 millóns de euros. En palabras da compañía, estas cifras “supoñen un crecemento sostido baseado na integración de adquisicións recentes, o reforzo internacional e a consolidación de contratos con organismos europeos”.
tino_altia_3739648706245830240.jpg Segundo comentou Constantino Fernández, presidente executivo de Altia, “estamos nunha fase moi especial da nosa historia, cunha identidade renovada que reflicte o que somos e o que queremos ser. A saída a bolsa en 2010 foi un fito decisivo que nos permitiu medrar e profesionalizar a estrutura da empresa cun crecemento orgánico e inorgánico moi estable. Hoxe, con máis de tres décadas de traxectoria, afrontamos o futuro con confianza, apoiados por unha marca máis forte e por un proxecto empresarial que, sen dúbida, segue gañando solidez e que seguirá comprometida co crecemento real dos nosos clientes e profesionais”.
Altia conta a día de hoxe con máis de 4.000 profesionais de 41 nacionalidades, cun 98% de contratos indefinidos. En 2024 destinou máis de catro millóns de euros en formación, potenciou as medidas de conciliación e mantivo unha aposta pola convivencia do talento novo e sénior.


Vídeo de presentación da nova imaxe corporativa de Altia

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026
gtc25-phase3-wmfg.jpg
Actualidade

nVIDIA restitúe a Jensen Huang como presidente e conselleiro delegado tras unha investigación interna

23/11/2026
Actualidade

O programa de formación dixital para pemes da Deputación da Coruña e o ITG arrinca este martes en Boiro

23/11/2026
Actualidade

Cinfo presenta un centro de control que xestiona máis de 700 eventos deportivos cada fin de semana

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?