Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Canva revoluciona o seu ecosistema de creación dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Canva revoluciona o seu ecosistema de creación dixital

Redacción
Publicado: 30/10/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

canva_ceative_os.jpgCanva anunciou o lanzamento do seu novo Sistema Operativo Creativo, que representa a maior evolución da compañía ata o momento. Con esta iniciativa, a empresa reúne máis dunha década de innovación e incorpora unha serie de funcións deseñadas para potenciar a creatividade e a colaboración a todos os niveis.
Baseado no primeiro Modelo de Deseño de Canva do mundo, desenvolvido pola propia compañía, este sistema integra todas as fases do proceso creativo, desde o deseño e a coordinación ata a publicación e a análise de resultados. O obxectivo é ofrecer un xeito máis rápido, intelixente e conectado de crear, no que a creatividade humana siga a liderar mentres a intelixencia artificial amplía as posibilidades.
canva_5_videos_2.jpg No corazón deste novo ecosistema atópase unha Suite Visual renovada, que amplía as posibilidades en formatos como vídeo, correo electrónico, código e formularios. Entre as novidades destacan Vídeos 2.0, un editor completamente redeseñado que simplifica a creación de contidos audiovisuais; a nova ferramenta de deseño de correos electrónicos, que permite crear mensaxes personalizadas sen coñecementos de programación; e os formularios integrados, que recollen datos directamente dentro da plataforma e os sincronizan con follas de cálculo de Canva. Ademais, Canva Code agora pode conectarse a estas follas para crear paneis, calculadoras ou aplicacións interactivas que se actualizan en tempo real.
Un dos eixos principais deste lanzamento é a nova xeración de intelixencia artificial desenvolvida especificamente para o deseño. O Modelo de Deseño de Canva comprende a lóxica visual e pode xerar composicións editables en segundos. A IA tamén está presente en todo o proceso creativo: permite xerar imaxes, vídeos ou gráficos tridimensionais directamente sobre o lenzo e adaptar automaticamente o estilo ao da marca. Ademais, coa función Pídello a Canva, é posible solicitar suxestións e modificacións en tempo real simplemente mencionando @Canva.
A compañía tamén reforza o seu posicionamento como plataforma integral de márketing coa incorporación de Canva Campañas, unha ferramenta que permite crear, publicar e analizar campañas publicitarias desde un mesmo espazo. Esta función, impulsada por IA, aprende dos datos de rendemento para optimizar os resultados e manter a coherencia de marca. O novo plan Canva Business, situado entre Canva Pro e Canva Enterprise, está pensado para profesionais e pequenos equipos e ofrece máis almacenamento, uso ampliado de IA e ferramentas de análise e xestión de marca.
novo_canva_logo_baseball.jpg Outro anuncio destacado é o novo Affinity, que pasa a ser de balde para sempre (o que xa anticiparan hai unhas semanas ofrecendo de balde as aplicacións para iPad). Esta versión unifica nunha mesma plataforma as ferramentas profesionais de edición vectorial, manipulación de imaxes e maquetación avanzada, e permite integrar directamente os proxectos en Canva para colaborar e publicar con facilidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?