Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Google fai máis útil o seu modelo de xeración e edición de imaxes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Google fai máis útil o seu modelo de xeración e edición de imaxes

Redacción
Publicado: 20/11/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

nano_banana_pro_storyboard.jpgGoogle presentou hoxe Nano Banana Pro, a versión máis avanzada do seu modelo gráfico baseado en Gemini 3 Pro. A compañía de Mountain View define esta evolución como un sistema capaz de combinar un maior razoamento contextual coa mellora na renderización de texto e unha comprensión máis profunda do mundo real, co obxectivo de permitir que calquera usuario poida transformar ideas en deseños profesionais.
A chegada de Nano Banana Pro prodúcese poucos meses despois do lanzamento de Nano Banana (modelo de Gemini 2.5 Flash especializado en edición rápida de imaxes) que popularizou tarefas como restaurar fotos antigas ou crear pequenas figuras dixitais, converténdose en todo un fenómeno. Agora, Google asegura que a nova versión eleva esa experiencia a un nivel totalmente distinto grazas á integración directa da capacidade de razoamento de Gemini 3 Pro.
nano_banana_pro_tempo_pop.jpg Non só se centra na xeración de imaxes atractivas, senón en producir contidos útiles baseados na información que achega o usuario ou na que procede do mundo real. Isto permite, por exemplo, crear infografías educativas con datos verificados, diagramas xerados a partir de notas manuscritas ou receitas estruturadas visualmente con información actualizada. Destacan que o modelo pode conectar co motor de busca de Google para integrar datos en tempo real, como o estado do tempo ou resultados deportivos.
Outra das grandes melloras é a calidade do texto dentro das imaxes. Nano Banana Pro é o seu mellor modelo para xerar mensaxes lexibles en múltiples idiomas e con variedade de estilos tipográficos, do deseño minimalista ás composicións complexas propias de carteis ou maquetas de produto. O modelo tamén facilita a tradución e localización automática destes contidos para adaptalos a distintos mercados.
nano_banana_pro_modelos.jpg No apartado creativo, a ferramenta admite combinar ata catorce imaxes distintas mantendo a coherencia visual, mesmo cando se trata de integrar varias persoas ou elementos complexos nunha mesma escena. Pode transformar un esbozo nun prototipo tridimensional, un plano nunha estrutura arquitectónica fotorrealista ou un conxunto de fotografías nun editorial de moda ambientado nun decorado inédito. A compañía salienta que se conserva a identidade de ata cinco individuos en composicións elaboradas.
Nano Banana Pro tamén incorpora novos controis avanzados de edición: selección e modificación localizada de elementos, cambios de ángulo de cámara, axustes finos de foco, despregadura de efectos de iluminación como o paso de día a noite ou a creación de desenfoque de fondo, corrección de cor cinematográfica e adaptación automática a formatos pensados para redes sociais ou impresión, con resolución dispoñible en 2K e 4K.
A ferramenta irá chegando progresivamente aos diferentes produtos de Google. No ámbito do consumidor, estará integrada na aplicación Gemini cando se empregue o modo Thinking para crear imaxes. Os usuarios da modalidade gratuíta recibirán cotas limitadas, mentres que Google AI Plus, Pro e Ultra contarán con límites ampliados. 


Vídeo promocional de Nano Banana Pro

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?