Nano Banana convértese no grande reclamo para usar Gemini
xoves, 4 de setembro do 2025
Hai preto dunha semana Google anunciou a incorporación en Gemini do seu novo modelo de edición de imaxes mediante IA, alcumado Nano Banana, creando todo un fenómeno que é especialmente visible en YouTube e redes sociais, cunha infinidade de creacións valéndose desta ferramenta, asà como moitos titoriais e suxestións de como tirar proveito de xeito espectacular desta tecnoloxÃa, polo que podiamos facernos unha idea do éxito que está a ter, pero grazas ao vicepresidente de Google e responsable de Gemini, Josh Woodward, temos por fin datos concretos: o novo editor de imaxes de Google terÃa procesado máis de 200 millóns de imaxes e serÃa responsable do primeiro uso da aplicación de Gemini de máis de 10 millóns de persoas.
O fenómeno de Nano Banana lémbranos ao que aconteceu en ChatGPT co seu xerador de imaxes que era quen de transformar fotografÃas en debuxos co estilo dos filmes do estudio Ghibli. De manterse a tendencia poderiamos estar ante un momento clave para Gemini, que estarÃa a captar máis usuarios cunha funcionalidade de moda que coa súa integración en moitos smartphones.
Na mesma liña, Google tamén está a potenciar Google Fotos coa integración de Veo 3 (polo momento só para usuarios nos EE.UU.) de xeito que facilita a creación de vÃdeos partido das nosas fotografÃas, o que ten o potencial de convertese noutro fenómeno viral.
