Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Real Madrid protagonizará un documental para Apple Vision Pro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Real Madrid protagonizará un documental para Apple Vision Pro

Redacción
Publicado: 21/11/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

realmadrid_apple_mj11361.jpgO Real Madrid e Apple avanzan nunha alianza tecnolóxica presentada tras un encontro no palco de honra do Santiago Bernabéu entre Florentino Pérez e Eddy Cue, dá lugar a un proxecto que fusiona realidade virtual, integración dixital e unha visión compartida da excelencia como punto de partida. O paseo de ambos polos corredores do estadio, segundo testemuñou GQ, non foi unha visita protocolaria, senón a escenificación dunha aposta con vocación de redefinir a experiencia do afeccionado.
O primeiro froito desta colaboración teremos un documental inmersivo creado en exclusiva para Apple Vision Pro, que está previsto que se estree o ano que vén. A peza gravouse durante o partido de Champions 2025/26 contra a Juventus, empregando máis de trinta cámaras Blackmagic URSA Cine Immersive. O obxectivo non é ofrecer un sinxelo acceso ao detrás das cámaras, senón colocar o espectador dentro do club, desde o túnel de vestiarios ata o propio céspede, coa intención de que o Bernabéu deixe de ser algo que se observa para converterse nun lugar que se vive.
Esta inmersión compleméntase cunha modernización máis práctica que Apple xa ofrece no propio estadio. Apple Wallet convértese no fío condutor da visita: permite chegar empregando transporte público ou servizos de rideshare, acceder ao recinto cun toque no iPhone e pagar sen carteira. A nova entrada enriquecida amosa no teléfono toda a información necesaria, como mapas, aparcamento, gastronomía dispoñible ou a previsión meteorolóxica. Segundo defende Eddy Cue, a tecnoloxía debe desaparecer para que o que prevaleza sexa a experiencia. «Hai once anos iniciamos o camiño con Apple Pay cunha idea moi clara, queriamos substituír a carteira física por algo máis seguro, máis privado e máis sinxelo», lembra. «Soñabamos cun mundo no que Apple Wallet servise para todo, desde pagar a compra ata entrar nun estadio, sempre protexendo a información persoal do usuario».
realmadrid_apple_mj11651.jpg Florentino Pérez interpreta esta alianza como parte dun proceso máis amplo que o club leva anos impulsando. «Hai xa moitos anos dixen que Internet se inventara para o Real Madrid», recorda. «Díxeno porque conecta aos afeccionados entre si e permite seguirnos desde calquera lugar do mundo. Esa visión segue plenamente vixente». O presidente sitúa así o proxecto nunha nova fase da transformación dixital da entidade. «Estamos abrindo unha nova era que nos permite relacionarnos cos nosos afeccionados sen intermediarios e dunha maneira máis directa, máis inmediata e máis persoal».
O novo Bernabéu é, para Pérez, un espazo onde o físico e o dixital se entrelazan para enriquecer cada interacción. «Un socio ou un madridista que veña ao estadio, xa sexa para ver un partido, visitar o museo, entrar na tenda ou simplemente comer nalgún dos nosos restaurantes, ten que sentir que forma parte de algo especial. E a tecnoloxía permítenos precisamente iso, mellorar cada momento e fortalecer o vínculo emocional con todos os nosos afeccionados». Sobre o papel de Apple nesta transformación, é rotundo: «Apple é unha compañía que representa a unión entre innovación, deseño e excelencia. E para o Real Madrid foi fundamental atopar un socio tecnolóxico que comparta esa mesma visión».
O presidente revela tamén o concepto que resume esta ambición: o Bernabéu Infinito. «O máis próximo a esa experiencia será a nova inmersión en realidade virtual que estamos desenvolvendo con Apple. Eu chámoo o Bernabéu Infinito, un lugar onde calquera, desde a súa casa, poderá vivir un partido en directo cunha sensación de presenza e emoción que ata agora era imposible. Será como abrir as portas do estadio a todo o planeta, sen límites, sen barreiras e cunha calidade tecnolóxica que marcará un antes e un despois no mundo do deporte».

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?