Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A experiencia a pantalla completa de Xbox chega a Windows 11
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

A experiencia a pantalla completa de Xbox chega a Windows 11

Redacción
Publicado: 21/11/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

xbox-wire-fse-blog-image-0c875350f0217148a2fa.jpgMicrosoft deu hoxe un novo paso na integración entre PC e consola coa chegada da experiencia a pantalla completa de Xbox aos equipos con Windows 11. A funcionalidade está xa dispoñible de maneira xeral nos dispositivos portátiles con este sistema operativo que se atopan no mercado, incorporando melloras de rendemento e a opción de iniciar directamente en Xbox para favorecer un uso máis fluído e inmediato, nunha liña que busca ofrecer unha experiencia similar á dunha consola.
A compañía destaca que esta actualización reduce atrancos e permite acceder máis rápido aos xogos. Na páxina oficial de soporte xa se pode consultar toda a información necesaria para configurar a funcionalidade nos ordenadores consolizados.
A maiores dos dispositivos portátiles, Xbox ampliou o alcance desta interface e activou en modo de vista previa a experiencia a pantalla completa noutros formatos de PC con Windows 11, como portátiles tradicionais, sobremesas ou tabletas. Trátase dunha interface de navegación co mando, pensada para poñer o xogador no centro e ofrecer un contorno a pantalla completa desde o que explorar e iniciar títulos presentes nas diferentes bibliotecas, incluíndo as principais tendas de xogos para PC. Tamén incorpora un Task Switcher que facilita alternar con rapidez entre xogos e aplicacións.
Para acceder á vista previa no PC é necesario rexistrarse tanto no programa Xbox Insider coma no Windows Insider, instalar a aplicación Xbox Insider Hub e unirse á sección PC Gaming Preview.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Nioh 3 chegará a Xbox en xaneiro

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI convértese no maior lanzamento da historia de PlayStation

24/11/2026
VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?