Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Francisco Bellas aborda a confianza na IA educativa no foro europeo EMINENT 2025
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Francisco Bellas aborda a confianza na IA educativa no foro europeo EMINENT 2025

S. P.
Publicado: 19/12/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

francisco-bellas-en-eminent-2025.jpgO investigador do CITIC da UDC, Francisco Bellas, participou no foro europeo EMINENT 2025, celebrado recentemente en Madrid e organizado polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, con financiamento europeo a través dos proxectos Agile EDU e EmpowerED. EMINENT 2025 reuniu a responsables políticos, autoridades educativas, centros escolares, empresas do sector EdTech e persoal investigador de toda Europa para debater sobre o uso responsable, ético e con sentido da intelixencia artificial no ámbito educativo.
Durante o encontro, Francisco Bellas impartiu o relatorio maxistral titulado Explainable AI: Can we truly trust AI in education if we don’t understand how it works?, na que introduciu o concepto de intelixencia artificial explicable reflexionou sobre a necesidade de comprender como funcionan os sistemas de IA para poder confiar no seu uso dentro do ámbito educativo.
Ao longo da súa intervención, Bellas centrouse especialmente na aplicación deste tipo de IA en contextos educativos, apoiándose en exemplos concretos que ilustraron tanto as oportunidades como os riscos de incorporar sistemas de tecnoloxías intelixentes nas aulas. Subliñou que “a transparencia e a explicabilidade son elementos clave para reforzar a confianza, a equidade e a responsabilidade na toma de decisións automatizadas que afectan a docentes e estudantes”.
Entre as conclusións principais do relatorio, destacou a necesidade de “contar con marcos legais e estándares claros que regulen o uso da IA en educación”. Así mesmo, insistiu “na importancia de recoñecer que os sistemas de IA non son infalibles e deben empregarse sempre desde unha perspectiva crítica, mantendo a axencia e supervisión humanas”.
Tamén puxo o foco “na protección da privacidade e os datos persoais, especialmente sensibles cando se trata de menores”.
Bellas defendeu “un deseño de sistemas de IA complexo e centrado no usuario, capaz de ofrecer distintos niveis de explicación adaptados a profesorado , estudantes e administradores educativos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?