Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Situm na vangarda: o proxecto GAIA finaliza tras completar con éxito todas as actividades previstas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Situm na vangarda: o proxecto GAIA finaliza tras completar con éxito todas as actividades previstas

S. P.
Publicado: 22/12/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

gaia_by_situm.jpgO proxecto GAIA, impulsado pola firma galega Situm, chegou ao seu remate tras completar con éxito todas as actividades previstas. Financiado polo IGAPE, a Unión Europea–NextGenerationEU e o Ministerio para la Transformación Dixital y de la Función Pública, no marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia, GAIA permitiu avanzar de forma significativa no uso de información xeoespacial en espazos interiores como base para solucións orientadas a contornas operativas e laborais. Os resultados obtidos foron validados en contornas reais e integráronse na evolución da plataforma tecnolóxica de Situm.
O proxecto estruturouse contemplando os seguintes obxectivos: facilitar a creación e actualización de modelos xeoespaciais de edificios sen ferramentas avanzadas; permitir unha xestión eficiente da información asociada a puntos e zonas do espazo, con integración con outros sistemas; garantir o acceso e visualización da información segundo o perfil do usuario, con formatos adaptados e accesibles; e integrar múltiples fontes de datos xeoespaciais, incluíndo información en tempo real.

A evolución de GAIA centrouse en tres áreas:

  • Creación e mantemento de mapas.

    Desenvolveuse un novo editor cartográfico integrado que permite crear e editar planos, POIs, roteiros, geofences e modelos 3D sen ferramentas externas, incorporando automatizacións baseadas en IA para tarefas como o refinamento de grafos de navegación. Inclúe sistemas avanzados de estilado, personalización por edificio e usuario, publicación de datos en tempo real, modo offline máis robusto, así como procesos automáticos de inxesta e normalización de formatos GIS, xeración de planos mediante IA, serving de tiles vectoriais e visualización 3D con altamente optimizados.

  • Contido, automatización e integración.

    gestion_de_mapas_situm_gaia.jpgA plataforma agora permite xestionar contido enriquecido multilingüe desde un panel centralizado, incorporando entre outras características, tradución automática de POIs baseada en IA. Reforzáronse as capacidades de integración con ERP, BMS, CMMS, GIS e aplicacións móbiles, incluíndo ETLs para consumo de información cartográfica, capacidades de posicionamento sen app móbil, melloras na integración da tecnoloxía en plataformas móbiles, seguimento colaborativo de activos mediante BLE e smartphones, así como melloras de seguridade e optimización do modo offline, reducindo tempos de carga ata un 90%.

  • Experiencia de usuario, AR e accesibilidade.

    pois_situm_gaia.jpgO visor incorporou capacidades de procura mellorada baseada en técnicas de matching difuso, cálculo de roteiros optimizado en grandes edificios, modos avanzados de visualización e o primeiro asistente conversacional de Situm baseado en IA. Engadiuse un módulo de guiado en realidade aumentada e implementáronse melloras significativas en accesibilidade, relacionadas co soporte para lectores de pantalla, Text-to-Speech, indicacións paso a paso máis inclusivas e unha interface simplificada para usuarios con baixa destreza dixital.

Contornas reais para a súa validación

situm_dobre_imaxe.jpgRealizáronse seis pilotos en contornas reais complexas, como hospitais, campus universitarios, centros comerciais e resorts, validando a solución en operacións de orientación, loxística, limpeza e atención ao visitante. O feedback foi moi positivo, destacando a facilidade de uso, a estabilidade da navegación, incluída a realidade aumentada, a accesibilidade e a autonomía de xestión, identificándose liñas de mellora futuras.
O proxecto contou coa colaboración de SREC Solutions S.L., especializada en IA aplicada á recuperación de información e asistentes conversacionais, e do CITIC da Universidade da Coruña, que achegou experiencia en optimización e automatización do procesamento de modelos espaciais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?