Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: South Park leva o seu caos a Fortnite
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

South Park leva o seu caos a Fortnite

Redacción
Publicado: 08/01/2026
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

fortnite-south-park-born-in-chaos-social.jpgA serie animada South Park e o videoxogo Fortnite únense nun novo evento de colaboración dispoñible do 9 de xaneiro ao 5 de febreiro baixo o título South Park: Legado de Caos, que introduce contidos temáticos, novos modos de xogo e obxectos exclusivos inspirados no universo creado por Trey Parker e Matt Stone.
Un dos principais atractivos do evento é a chegada dun novo punto de interese ao mapa, Cartmanlandia, un parque temático baseado no personaxe de Eric Cartman. Ademais, a colaboración incorpora por primeira vez en Fortnite o modo Quintetos, que permite formar equipos de cinco xogadores, unha novidade que amplía as posibilidades estratéxicas das partidas.
fortnite_cartmanland.jpg Os xogadores tamén poderán adquirir na tenda traxes mecánicos inspirados en Stan, Kyle, Cartman, Kenny e Butters. A presenza de Kenny inclúe incluso referencias ao seu clásico destino recorrente na serie, cun sistema de reaparición automática ligado a un obxecto específico do evento.
No plano do botín e das habilidades especiais, Legado de Caos introduce elementos como a Vara da Verdade, capaz de interactuar coa tormenta, os peidiños de queixo, que permiten curar ou causar dano, e outros obxectos deseñados para reforzar o ton irreverente da colaboración.
fortnite_south_park_g9_rw1la4aek63m.jpg Xunto a estes contidos, Fortnite pon a disposición dos usuarios un pase gratuíto, tamén chamado Legado de Caos, que non require paVos. Este pase inclúe 13 recompensas desbloqueables mediante misións especiais de South Park, entre elas accesorios mochileiros, picos, xestos e, como premio final, unha á delta inspirada en Imaginolandia.
Con esta colaboración, Fortnite inaugura 2026 apostando por unha das series animadas máis icónicas da cultura popular, reforzando a súa estratexia de eventos temporais baseados en franquías recoñecidas e ampliando ao mesmo tempo as opcións de xogo cooperativo.


Vídeo promocional do evento de Fortnite

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?