Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Rubén Cuevas aborda no CITIC da UDC como facer unha IA máis verde
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Rubén Cuevas aborda no CITIC da UDC como facer unha IA máis verde

S. P.
Publicado: 29/01/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ruben_cuevas_aborda_no_citic_da_udc_como_facer_a_intelixencia_artificial_mais_verde_2.jpgO Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña, centro que forma parte da Rede CIGUS da Xunta de Galicia, acolleu este mércores 28 de xaneiro a conferencia Un enfoque científico-práctico para a IA verde, impartida por Rubén Cuevas, profesor titular da Universidade Carlos III de Madrid, subdirector do Instituto UC3M-Santander de Big Data e CEO e cofundador da tecnolóxica Hiili.
A sesión formou parte do ciclo Converxencia Verde: IA para un futuro sustentable, promovido pola Cátedra Inditex-UDC en Algoritmos Verdes.
Durante a conferencia, Cuevas presentou os últimos avances na medición e optimización do consumo enerxético da intelixencia artificial xenerativa. Destacou que “aínda que modelos como ChatGPT e outros LLMs están a ser amplamente utilizados polo público xeneral, a demanda enerxética que supoñen representa un desafío ambiental e económico”.
ruben_cuevas_aborda_no_citic_da_udc_como_facer_a_intelixencia_artificial_mais_verde.jpgFronte a esta problemática, o investigador explicou o funcionamento de GreenBrain AI, unha aplicación desenvolvida por Hiili capaz de detectar o modelo de IA máis adecuado en función de tres criterios: rendemento, emisións de CO₂ e custo económico. “Cando un usuario fai unha consulta, o sistema analiza e selecciona o modelo máis axeitado a nivel medioambiental e económico”, explicou respecto do seu funcionamento, engadindo que “para o seu desenvolvemento avaliáronse máis de 150 modelos de intelixencia artificial, realizando medicións directas sobre o consumo enerxético por prompt, ata lograr establecer un modelo preditivo que permite estimar a enerxía que necesita o sistema para responder a cada consulta individual”.
Rubén Cuevas destacou que, no desenvolvemento de sistemas LLMs, certas decisións técnicas permiten optimizar a memoria e reducir custos sen comprometer o seu rendemento.
Durante a sesión tamén presentou CarbonAI, un plugin gratuíto para navegadores desenvolvido pola súa compañía que analiza, en tempo real, as emisións de CO₂ xeradas polo uso de modelos de IA xenerativa. O obxectivo destas iniciativas é fomentar un uso máis eficiente e responsable da IA, así como divulgar sobre o seu impacto medioambiental.
Rubén Cuevas conta con máis de 80 publicacións científicas internacionais e liderou máis de 20 proxectos de investigación centrados en eficiencia enerxética, servizos dixitais respectuosos cos recursos naturais e privacidade na web.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?