Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marzo teremos novo xogo de Scott Pilgrim
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

En marzo teremos novo xogo de Scott Pilgrim

Redacción
Publicado: 29/01/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

scott_pilgrim_ex_horizontal.jpgTras o éxito do relanzamento de Scott Pilgrim vs. the World: The Game en 2021, os creadores de Teenage Mutant Ninja Turtles: Shredder’s Revenge regresan ao universo de Bryan Lee O’Malley cun novo título: Scott Pilgrim EX.
O xogo estará dispoñible para PC, Xbox One e Series X|S, PS4, PS5 e Nintendo Switch, e finalmente sabemos a súa data de lanzamento: o 3 de marzo.
Esta nova entrega é unha experiencia totalmente nova, desenvolvida por Tribute Games en colaboración co propio O’Malley. Trátase dun beat ‘em up cooperativo de ata catro xogadores cun estilo visual retro, fiel ao espírito do cómic orixinal, pero cunha historia inédita ambientada nunha versión distorsionada e caótica de Toronto.
scott_pilgrim_ex_screenshot_9.jpgOs xogadores poderán escoller entre Scott, Ramona, Roxie Richter, Lucas Lee, Matthew Patel, Robot-01 e outros personaxes emblemáticos da saga para combater robots, demos e outras criaturas nunha cidade fragmentada no espazo e no tempo. Cada personaxe contará cun estilo de loita único, e os combates estarán baseados na improvisación, encadear combos, armas disparatadas e ataques especiais espectaculares. A progresión virá da man de insignias que permitirán mellorar estatísticas e engadir habilidades especiais, convertendo cada partida nunha experiencia distinta.
scott_pilgrim_ex_screenshot_11.jpgA música, unha parte esencial da identidade da saga, volverá correr a cargo de Anamanaguchi, que comporán unha banda sonora completamente nova, mantendo a súa enerxía 8-bit e estilo hiper-melódico. O apartado artístico contará coa colaboración do recoñecido ilustrador de pixel art Paul Robertson, mentres que BenDavid Grabinski, director de Scott Pilgrim da el salto, participará como asesor creativo.
O xogo incluirá un modo cooperativo para ata catro xogadores, tanto en local como en liña, con entrada e saída libre durante a partida, fomentando unha experiencia compartida e dinámica. Os niveis estarán interconectados, ofrecendo múltiples camiños, misións secundarias e zonas ocultas por explorar.
Con Scott Pilgrim EX, Tribute Games promete unha homenaxe fiel e moderna á saga orixinal, dirixida tanto a seguidores veteranos como a novos xogadores que queiran mergullarse no universo máis punk e pixelado do cómic canadense.


Novo tráiler de Scott Pilgrim EX

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Nioh 3 chegará a Xbox en xaneiro

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI convértese no maior lanzamento da historia de PlayStation

24/11/2026
VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?