Este xoves presentáronse en Lugo os nomes dos nomeados aos premios Dalle Like Galinfuencers 2026, iniciativa que pretende recoñecer, amosar e celebrar o talento dos creadores de contido de Galicia que, a través das redes sociais, contribúen a promover a cultura, a lingua, o territorio e os valores galegos.
A gala terá lugar o vindeiro 16 de maio no Círculo das Artes de Lugo, será aberta ao público xeral e estará ambientada nunha romaría tradicional, con actuacións de Lucía Pérez e outros artistas internacionais, e postos gastronómicos.
O certame ten o apoio de institucións como a Deputación de Lugo, que achega 3.000 euros para o seu desenvolvemento e o seu impulso. Na presentación dos finalistas participou de feito o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón.
O certame tamén conta co apoio da Secretaría Xeral da Lingua que dirixe Valentín García, e máis da Consellería de Medio Rural.
Como dixemos, os Premios Dalle Like, que veñen con 10 categorías, buscan recoñecer o talento galego no ámbito dixital e das redes sociais.
A gala de entrega destes galardóns celebrarase o 16 de maio no Círculo das Artes e reunirá a creadores de contido, proxectos dixitais e marcas galegas que destacan pola súa creatividade, impacto e capacidade de conectar coas novas audiencias.
O premios Dalle Like entregaranse o vindeiro 16 de maio no Círculo das Artes de Lugo
Compartir Este Artigo

