Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: LEGO Batman: El legado del Caballero Oscuro estrea tráiler de lanzamento
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

LEGO Batman: El legado del Caballero Oscuro estrea tráiler de lanzamento

Redacción
Publicado: 07/05/2026
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

dinner-2np91.jpgTT Games e Warner Bros. Games publicaron o tráiler de lanzamento de LEGO Batman: El legado del Caballero Oscuro, o novo videoxogo de acción e aventura en mundo aberto protagonizado polo heroe de Gotham, que chegará o vindeiro 22 de maio para PlayStation 5, Xbox Series X|S e PC, mentres que a versión para Nintendo Switch 2 estará dispoñible máis adiante.
A peza promocional aposta claramente pola nostalxia arredor do universo cinematográfico de Batman ao empregar unha reinterpretación cinematográfica de Kiss from a Rose, a coñecida canción de Seal asociada historicamente a Batman Forever. O tema acabou convertido nun dos maiores éxitos do artista despois de que o director Joel Schumacher decidise incluílo nos créditos do filme de 1995 e no videoclip promocional da película, malia que inicialmente non figuraba nas escenas principais.
lego_batman_joker.jpg O vídeo amosa secuencias de combate, persecucións e numerosos viláns clásicos do universo DC, ao tempo que deixa ver referencias visuais e argumentais a distintas etapas da historia audiovisual de Batman. Entre elas inclúense mesmo homenaxes a Batman & Robin (considerada unha das adaptacións máis cuestionadas do personaxe no cinema), así como ás entregas dirixidas por Tim Burton e por Christopher Nolan.
lego_batman_batarang.jpg O xogo propón seguir a evolución de Bruce Wayne ata converterse no protector de Gotham City, mesturando elementos inspirados en décadas de filmes, series, cómics e videoxogos do Cabaleiro Escuro co humor característico das producións de LEGO desenvolvidas por TT Games.
Pese a estarmos ante un título que busca ser apto para todos os públicos, o seu sistema de combate lembra á serie de xogo Batman: Arkham, polo que poderiamos estar ante un xogo que satisfaga a un abano de público moi amplo, e non só aos seareiros dos xogos de LEGO.


Tráiler de lanzamento de LEGO Batman: El legado del Caballero Oscuro

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Nioh 3 chegará a Xbox en xaneiro

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI convértese no maior lanzamento da historia de PlayStation

24/11/2026
VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?