No actual escenario de subas de prezo no mercado dos videoxogos sorprende pouco que Sony anuncie un cambio nas condicións do servizo PlayStation Plus, que a partir do mércores mudará subirá de prezo para novos subscritores, de xeito que a súa cota mensual pasará a custar un mínimo de 9,99 euros, mentres que a subscrición trimestral máis económica custará 27,99 euros. Cómpre salientar que, polo momento, os actuais subscritores non están suxeitos ao cambio de prezo.
Sorprende bastante o anuncio realizado con tan pouca antelación aducindo as condicións do mercado actuais (argumento que no ámbito dos videoxogos viña empregándose para o hardware, non para os servizos), aínda que tamén cómpre indicar que a suba é moderada (1 euro ao mes).
Un motivo que podería xustificar o momento do cambio de condicións de PlayStation Plus sería que é medio ano antes do lanzamento de Grand Theft Auto VI, forzando a que os xogadores do que promete ser o título máis importante do ano estean afectados polo novo marco de prezos.
PlayStation Plus inicia unha suba de prezos
Compartir Este Artigo

