Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo lanza MencIA, unha estratexia propia de IA para a provincia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo lanza MencIA, unha estratexia propia de IA para a provincia

S. P.
Publicado: 19/05/2026
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

deputacion_de_lugo_190526_presentacion_mencia.jpgA Deputación de Lugo presentou unha manchea de detalles sobre a estratexia MencIA, o proxecto propio de intelixencia artificial da Administración provincial para os vindeiros anos. MencIA, que será levada a pleno o 26 de maio para a súa aprobación definitiva, é en palabras da Deputación “unha innovación tecnolóxica para reforzar os servizos públicos e para acompañar aos concellos máis pequenos nun proceso que non se podería afrontar en solitario”.
Presentación
A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, presentou esta mañá, no Pazo de San Marcos, MencIA: unha estratexia propia de intelixencia artificial para a provincia. Fíxoo acompañada polo Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, e os xefes do servizo de Comunicación e TIC’s e de Innovación e Participación Cidadá, Nicolás Fariña Verea e José Antonio Arias Lombardero. Encheron o Salón de Actos da sede provincial, traballadores e traballadoras da institución, Alcaldes e Alcaldesas dos diferentes concellos e outros responsables políticos.
“Este cambio xa está aquí. A intelixencia artificial vai transformar a maneira de traballar das institucións, e nós tiñamos claro que a Deputación de Lugo non podía quedar esperando a ver que facían os demais”, relatou a presidenta, ao tempo que explicou que desde a institución “tiñamos que prepararnos, pero facéndoo ao noso xeito: desde o público, con garantías, con control sobre os datos e pensando na realidade concreta desta provincia”.
A prol dos servizos públicos
López recordou que MencIA pon en xogo recursos que os concellos polas conta nunca poderían ter materializado na súa totalidade. A presidenta lembrou que a provincia de Lugo conta con 67 concellos, 66 deles están por debaixo dos 20.000 habitantes; “o que significa que falar aquí de intelixencia artificial é falar tamén de cohesión territorial e de igualdade de oportunidades”.
Conseguir que a transformación dixital non agrande a distancia entre territorios, senón que a reduza, “lograrémolo a través dun modelo propio, feito pola Deputación, baseado en código aberto e pensado para servir mellor aos nosos veciños e veciñas. Un modelo no que a supervisión humana segue sendo fundamental, no que os datos permanecen baixo control institucional e no que a transparencia forma parte do propio deseño da estratexia”. Destacou que o uso do galego era algo ao que non se podía renunciar, “porque a nosa lingua ten que estar tamén nos espazos onde se vai construír o futuro”.
Catro piares da IA da Deputación
O deputado e os técnicos explicaron que MencIA fundaméntase na idea de soberanía tecnolóxica realista, “de tal maneira que os datos sensibles non abandonen os servidores da institución”. Unha estratexia estruturada en catro piares: gobernanza e cumprimento, que fixa os principios reitores, os órganos de goberno e os mecanismos de control normativo; transformación dixital interna, que ten o seu núcleo no Laboratorio MencIA e na transformación da eficiencia dos servizos provinciais; IA ao servizo dos municipios, que materializa a competencia de asistencia aos concellos; e ecosistema territorial e innovación, que articula a colaboración co tecido institucional, universitario e empresarial galego.
A Deputación engadiu que MencIA será unha realidade, tamén, a través de dous eixos operativos, un interno que será o propio Laboratorio MencIA e un eixo territorial conformado polo Centro de innovación Territorial (CIT) da provincia de Lugo.
Laboratorio MencIA é a infraestrutura tecnolóxica propia da Deputación para o desenvolvemento e despregamento de sistemas de IA de código aberto. Laboratorio MencIA articúlase en tres compoñentes: un motor, a infraestrutura tecnolóxica que executa os modelos de IA; unhas mans, as aplicacións e asistentes que permiten interactuar co sistema; e un cerebro, o sistema que conecta todos os elementos para que funcionen de maneira coordinada.
Aplicacións e asistentes ao servizo do persoal
Laboratorio MencIA contará ademais con diferentes aplicacións que permitirán, nun máximo de tres interaccións, realizar tarefas mecánicas e complexas en moito menos tempo, facilitando o labor dos traballadores e traballadoras, para que poidan dedicarse a aquelas cuestións de alto valor. Entre algunhas das aplicacións que se expuxeron: un resumidor de documentos, un extractor de texto, transcritor de audio, un monitor de edictos do BOE, un xestor intelixente do correo electrónico, un almacén de instrucións, unha calculadora de prazos da Lei 9/2017 de Contratos do Sector Público, ou un analizador de convocatorias de axudas e subvencións.
Contará tamén cos chamados asistentes, chatbots especializados cos que o usuario interactúa mediante conversación natural. Unha das claves e que serán adestrados con instrucións de sistema específico e unha base de coñecemento pechada: non accede a Internet nin a información fóra do seu ámbito asignado. Puxeron como exemplo a un profesor de IA; outro para elaborar memorias xustificativas en contratos; outro de contratación pública en entidades locais; un asesor en función pública; un centro de atención a usuarios; un asistente de documentación e formación operativa; un creador de prompts para axudar aos usuarios para escribir instrucións claras e detalladas para outras ferramentas de IA; un arquitecto de asistentes personalizados; e un asistente analítico con procura web.
Un horizonte de catro anos
A Deputación explicou que MencIA terá un horizonte de implantación de catro anos, que comezará coa posta en produción das oito aplicacións e nove asistentes e a aprobación da estratexia no pleno. No segundo semestre do 2026 e comezos do 2027 está prevista a constitución do Comité de Gobernanza e os primeiros pilotos. Está previsto que o despregamento interno completo se produza entre o 2027 e o 2028; e de cara ao final dos catro anos este novo ecosistema estea consolidado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

O videoxogo galego In Nomine Rally pon a proba a capacidade de IA para crear novas e revolucionarias aventuras
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026
gtc25-phase3-wmfg.jpg
Actualidade

nVIDIA restitúe a Jensen Huang como presidente e conselleiro delegado tras unha investigación interna

23/11/2026
Actualidade

O programa de formación dixital para pemes da Deputación da Coruña e o ITG arrinca este martes en Boiro

23/11/2026
Actualidade

Cinfo presenta un centro de control que xestiona máis de 700 eventos deportivos cada fin de semana

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?