Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha investigación pioneira liderada pola UDC documenta case 1.500 bens do litoral galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha investigación pioneira liderada pola UDC documenta case 1.500 bens do litoral galego

S. P.
Publicado: 22/05/2026
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20260522-censo-patrimonio-maritimo-2.jpg_342722101.jpgUn grupo da UDC, liderado polo profesor e arquitecto Óscar Fuertes Dopico, vén de rematar unha investigación pioneira sobre os bens do litoral galego. O traballo, desenvolvido durante varios anos permitiu, elaborar por primeira vez un censo integral do patrimonio marítimo inmóbel galego.
A investigación, enmarcada no Plan da Cultura Marítima de Galicia (PCUMA) impulsado pola Xunta de Galicia, responde segundo a UDC “á necesidade, detectada durante un diagnóstico previo realizado en 2021, de contar cun inventario rigoroso, sistemático e unificado dun patrimonio clave para comprender a identidade e a evolución histórica do litoral galego”.
Grazas ao labor do equipo da Universidade da Coruña en colaboración coa Consellería do Mar púidose documentar e analizar un total de 1.452 bens patrimoniais distribuídos ao longo de toda a costa galega, incluíndo infraestruturas marítimas, industriais e etnolóxicas como estaleiros, faros, conserveiras, peiraos ou carpintarías de ribeira. A metodoloxía utilizada estruturouse en varias fases, combinando a análise documental, o traballo de campo intensivo (con máis de 24.000 quilómetros percorridos) e os estudos tipolóxicos que permitiron definir 83 categorías patrimoniais.
Este enfoque, sinalou a UDC, “permitiu ir máis alá da simple catalogación, incorporando tamén a análise das relacións territoriais, culturais e produtivas asociadas ao mar, clave para comprender a chamada cadea mar-industria e o seu papel na configuración das comunidades litorais galegas”.
As Áreas Nai: unha nova mirada ao territorio
Como parte desta investigación, o grupo da UDC desenvolveu tamén o concepto de Áreas Nai (Espazos de Interese Cultural Marítimo), que identifican enclaves onde se conserva de maneira especialmente significativa a relación entre o mar, o territorio e as comunidades locais.
Estas áreas integran de forma coherente elementos patrimoniais, paisaxísticos e produtivos, configurando paisaxes culturais que reflicten a identidade marítima de Galicia e aportan unha nova ferramenta para a súa protección e difusión.
Ferramentas abertas para a cidadanía e a investigación
web_censo_patrimonio_maritimo_inmoble.jpg Entre os resultados do proxecto destaca a creación dun visor web interactivo que permitirá acceder á información xeorreferenciada do Censo e das Áreas Nai, así como participar activamente na súa ampliación mediante achegas cidadás.
Ademais, a investigación materialízase nunha colección de 14 volumes que recollen de forma sistemática as fichas dos bens inventariados, configurando un dos traballos de documentación patrimonial máis completos realizados ata o momento sobre cultura marítima.
Un avance na valorización do patrimonio marítimo
Con esta iniciativa, a Universidade da Coruña consolida o seu “papel como axente clave na investigación e valorización do patrimonio cultural galego, contribuíndo a reforzar a conexión entre coñecemento científico, territorio e sociedade”, explicaron fontes da UDC, engadindo que a investigación liderada polo grupo da Universidade da Coruña supón “un paso decisivo na protección, difusión e posta en valor dun patrimonio que forma parte esencial da identidade de Galicia e do seu tecido produtivo ligado ao mar”.
Quen precise máis información sobre o censo do patrimonio marítimo non material tena na web da Xunta habilitada, culturamaritima.xunta.gal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?