Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña reúne no Pazo de Arenaza a emprendedores da provincia para abordar o impacto da IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña reúne no Pazo de Arenaza a emprendedores da provincia para abordar o impacto da IA

S. P.
Publicado: 27/05/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

coworking_pazoarenaza001-scaled.jpgO Coworking do Pazo de Arenaza, en Oleiros, é este mércores 25 de maio un punto de encontro de startups, empresas, profesionais e axentes do ecosistema tecnolóxico galego. En concreto, estase a celebrar no Pazo unha nova edición da Startup Europe Week 2026, organizada pola Deputación da Coruña no marco do seu Plan de Emprego Local (PEL).
A cita, que se desenvolve entre as 9:30 e as 14:00 horas, alcanza este ano a súa sétima edición impulsada pola institución provincial e poñerá o foco na intelixencia artificial e nas tecnoloxías emerxentes como ferramentas clave para transformar os sectores produtivos, impulsar novos modelos de negocio e acelerar proxectos empresariais innovadores.
A Deputación explica que “nun contexto no que a IA está a redefinir a economía, a industria e os servizos, apostamos por achegar estas tecnoloxías ao tecido empresarial da provincia, especialmente ás pequenas empresas, persoas emprendedoras e proxectos en fase de crecemento”.
startup_week_pazo_de_arenaza.jpgO obxectivo é “favorecer a dixitalización, mellorar a competitividade e xerar espazos de conexión entre talento, coñecemento e empresa”, engaden fontes da Administración provincial.
A xornada arrancará ás 9.30 horas coa recepción das persoas asistentes e a presentación oficial por parte do equipo xestor do Coworking do Pazo de Arenaza, centro integrado na Rede Provincial de Coworking da Deputación.
Deseguido desenvolverase un programa de intervencións centradas na innovación, o emprendemento dixital e a aplicación práctica da intelixencia artificial. Entre os relatores figuran Jesús Lage, responsable de Emprendemento do Clúster TIC Galicia, que presentará o programa Tech Angels; Gerardo García Yebra, cofundador de Financenova IA, centrado en solucións intelixentes aplicadas ás finanzas; e Dayana Barrera Farías, co-fundadora de Global Eco Transfer
O panel completarase coa participación de José Delgado e Rocío Bardón, representantes de Qaroni, e de Ana Rute Mendes e Xabier Rodríguez Calvar, socios de Igalia, compañía galega de referencia internacional no ámbito do software libre e das tecnoloxías abertas.
Ademais dos relatorios, a Startup Europe Week manterá un dos formatos máis participativos das súas últimas edicións: o World Café. Este espazo permitirá abrir conversas directas entre emprendedores, empresas e asistentes para compartir experiencias, identificar necesidades comúns e analizar como a intelixencia artificial pode aplicarse a proxectos reais.
A programación incluirá tamén a intervención de Manuel García García, mentor experto do programa Provincia Emprendedora, unha iniciativa impulsada pola Deputación da Coruña en colaboración coa Confederación de Empresarios da Coruña (CEC). A súa intervención estará centrada nas claves para a captación de investimento e no acompañamento a proxectos con potencial de crecemento.
O peche da xornada correrá a cargo de Rosa Ana García, deputada de Industria, Empresa, Medio Ambiente, Emprego e Política Demográfica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
huawei_1025317153-2172920907-1542614188427.jpg
Actualidade

Condena xudicial a Huawei nos EE.UU.

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?