Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ábrense as reservas de Marvel: Lobezno
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Ábrense as reservas de Marvel: Lobezno

Redacción
Publicado: 02/06/2026
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

marvel_lobezno.jpgInsomniac Games aproveitou o último State of Play para amosar en profundidade Marvel: Lobezno, a súa nova aventura de acción para un xogador protagonizada por Logan. O título, desenvolvido en colaboración con Marvel Games, confirmou tamén a súa data de lanzamento para PlayStation 5: o 15 de setembro de 2026.
O novo tráiler de xogo presenta unha historia orixinal centrada en James Logan Howlett mentres investiga o secuestro de varios mutantes a mans dos Colleitadores, unha milicia de mercenarios cibernéticos que pretende entregalos ao empresario Bolivar Trask. A trama tamén introduce un papel destacado para Jean Grey, poderosa telequinética e unha das líderes dos mutantes capturados.
aab0d926dc6cfaa665e275d77416f97ae8e048d7.jpg O mundo que presenta o xogo sitúa os mutantes nunha situación límite, obrigados a vivir ocultos mentres son perseguidos. Neste escenario reaparece o Equipo X, unha forza especial mutante á que Logan regresa tres anos despois da súa marcha.
As secuencias de xogo deixan ver un sistema de combate rápido e extremadamente violento, no que Lobezno pode atacar por sorpresa, emboscar inimigos desde posicións elevadas ou enfrontarse directamente aos seus adversarios empregando as súas garras. Entre as técnicas especiais destacan movementos como o Xiro de tornado ou a Turrada de touro.
33a8cfe4a24c7628df80a290ed4b0209e76ba7af.jpg Jean Grey participa tamén de forma activa nos combates mediante os seus poderes telequinéticos, que permiten inmobilizar ou debilitar inimigos e crear oportunidades para executar impactos críticos e remates combinados.
A mecánica da Rabia será outro dos elementos centrais da experiencia. Cada ataque, bloqueo ou eliminación incrementará este medidor, permitindo desencadear golpes máis poderosos ou potenciar o factor curativo de Logan. Ao alcanzar o nivel máximo activarase o denominado grao 3 de Rabia, unha explosión de violencia presentada cun estilo visual monocromático inspirado na serie de banda deseñada Marvel Comics Blanco, negro y sangre.
0af32ae10fffe147640d8cd7948a67ee52ba23bc.jpg O tráiler tamén amosa espectaculares persecucións en motocicleta, combates sobre vehículos en movemento e enfrontamentos contra inimigos especialmente resistentes. Mesmo cando o protagonista queda ao bordo da derrota, poderá recorrer ao modo Última defensa para activar unha rexeneración acelerada e continuar loitando.
Insomniac confirmou ademais que o xogo contará desde o primeiro día cun amplo abano de opcións de accesibilidade destinadas a usuarios con discapacidades cognitivas, visuais, auditivas e motoras.
55310829874_d00dfd7c2b_k.jpg As reservas xa están abertas. A edición estándar ten un prezo de 79,99 euros e inclúe acceso anticipado ao traxe clásico marrón de Lobezno, unhas garras reflectantes, un punto adicional de técnica e catro avatares para PlayStation.
Tamén está dispoñible unha Edición Dixital Deluxe por 89,99 euros, que engade cinco traxes exclusivos (Incrible, Salvaxe, Era de Apocalipse, Caza nocturna e Coiro novo), cinco deseños especiais de garras e tres puntos adicionais de técnica. Os elementos estéticos desta edición serán exclusivos, mentres que boa parte dos demais desbloqueables poderán conseguirse progresando normalmente no xogo.
Os últimos segundos do tráiler deixan entrever novos personaxes e faccións inimigas que se revelarán máis adiante. Entre eles destaca a aparición dun dos rivais máis emblemáticos de Logan, Dentes de Sabre, que apunta a ter un papel relevante na aventura.


Novo tráiler de Marvel: Lobezno

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais

23/11/2026
VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?