Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: OpenClaw estrea aplicacións para o móbil
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Aplicacións

OpenClaw estrea aplicacións para o móbil

Redacción
Publicado: 29/06/2026
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

openclaw_ios_capturas.jpgOpenClaw, o proxecto anteriormente coñecido como Clawdbot e centrado na execución local de asistentes de intelixencia artificial, lanzou as súas primeiras aplicacións nativas para iOS e Android. O debut destas aplicacións permite acceder aos axentes desde o teléfono, xestionar automatizacións e responder solicitudes sen depender dun navegador web.
A chegada das aplicacións marca un novo paso para a plataforma, que define o seu enfoque como local-first, no que os usuarios manteñen o control sobre a pasarela (Gateway), as claves, a configuración e os permisos. O funcionamento baséase na conexión do móbil cun OpenClaw Gateway propio, que actúa como nodo central para executar os fluxos de traballo e os axentes de IA.
Entre as funcións dispoñibles figuran a vinculación co Gateway mediante un código QR ou un código de configuración, o acceso ao asistente mediante chat desde o iPhone, un modo de conversa por voz en tempo real ou en segundo plano, a revisión de solicitudes de aprobación xeradas polo Gateway e a posibilidade de compartir texto, ligazóns e contido multimedia directamente desde iOS cara a OpenClaw.
A aplicación tamén permite habilitar, sempre baixo autorización expresa do usuario, capacidades do dispositivo como o acceso á cámara, a pantalla, a localización, as fotografías, os contactos, o calendario ou os recordatorios. Ademais, pode recibir notificacións push para espertar fluxos de traballo ou informar do estado dos nodos conectados.
Para comezar a utilizar a plataforma é preciso configurar previamente un OpenClaw Gateway, emparellar a aplicación co servidor persoal e, a partir dese momento, empregar desde o móbil as funcións de conversa, voz, aprobacións e automatizacións.
A nova aplicación oficial facilita a administración da plataforma desde dispositivos iPhone e Android, ampliando o acceso aos seus asistentes persoais desde calquera lugar dun xeito máis completo e práctico que a través dunha aplicación de mensaxería como Telegram.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Aplicacións

WhatsApp comeza a ofrecer copias de seguridade na súa propia nube

17/11/2026
Aplicacións

Instagram crea Direct, unha aplicación independente para mensaxería

17/11/2026
Aplicacións

Un desenvolvedor melidense crea unha aplicación que pendura capturas de pantalla nun tendal virtual

13/11/2026
Aplicacións

EduLeo facilita a mellora da comprensión lectora

12/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?