Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ábrese o prazo para que ata 15 empresas accedan ao programa de internacionalización Galicia Avanza
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ábrese o prazo para que ata 15 empresas accedan ao programa de internacionalización Galicia Avanza

S. P.
Publicado: 08/07/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

galicia_avanza1-3.jpgA Consellería de Economía (a través do IGAPE) e a Tecnópole (Parque Tecnolóxico de Galicia) veñen de abrir o prazo da quinta convocatoria de Galicia Avanza, programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas iniciado en 2022. Poderán acceder ao mesmo un total de 15 pequenas e medianas empresas consolidadas ou startups. As solicitudes deberán presentarse ata o 25 de xullo a través da páxina web de Galicia Avanza.
O obxectivo desta iniciativa, xestionada e coordinada por Tecnópole, é que solucións innovadoras galegas, de calquera ámbito ou sector, acaden ou fortalezan a súa presenza no mercado exterior no menor tempo. Á hora de seleccionar ás pemes, valorarase o potencial de internacionalización e o grao de innovación dos seus produtos ou servizos, o coñecemento do mercado internacional obxectivo, o potencial de crecemento no mercado exterior, a capacidade financeira da empresa e a súa experiencia previa no eido internacional. Tamén se primará a porcentaxe de mulleres nos seus cadros de persoal e o nivel de implicación das empresas beneficiarias na metodoloxía do programa.
galicia_avanza4.jpg Galicia Avanza ofrece un programa integral de apoio á internacionalización de oito meses de duración, con itinerarios personalizados en eidos como o estudo do mercado, a estratexia de mercadotecnia, a adaptación de produtos e servizos, a protección das marcas e deseños industriais ou intelectuais, así como a estratexia de acceso ao mercado. Traballarase tamén na detección de colaboracións con outras empresas, no acceso a novos segmentos de clientes, así como na captación de financiamento externo, entre outros aspectos. Ao longo do programa, as empresas participantes tamén recibirán mentoring, asesoramento e formación comercial e técnica.
galicia_avanza2-4.jpgDurante os dous primeiros meses, titores expertos prepararán itinerarios personalizados con cada unha das empresas, segundo as súas necesidades concretas. Durante os seguintes meses, o programa contratará os provedores de servizos profesionais que cubrirán as necesidades identificadas, a empresa levará a cabo as actividades definidas no seu plan de acción e farase un seguimento do mesmo. De xeito paralelo, as firmas beneficiarias poderán acceder a unha carteira de consultores expertos en diferentes materias e recibirán formación en temáticas relacionadas coas necesidades detectadas nos diagnósticos.
Nas catro edicións anteriores do programa impulsouse a internacionalización dun total de 111 pemes de toda a comunidade, pertencentes aos sectores máis diversos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?