
A Concellería de Novas Tecnoloxías do Concello de Redondela que xestiona Antonio Cabaleiro desenvolverá durante os meses de setembro a novembro, a través das Aulas CeMIT de Redondela e Chapela, cursos totalmente gratuítos dirixidos ao público en xeral que abranguerán diferentes ámbitos da informática.
Para estes cursos ofértanse en diferentes horarios mais de 100 prazas para diferentes cursos e horarios na aula de Redondela, cun total de 16 postos e na de Chapela con 12 postos.
Na Aula CeMIT de Redondela
As formacións previstas para a Aula CeMIT de Redondela levaranse a cabos luns e os mércores entre o 14 de setembro e o 16 de novembro, e son as seguintes:
-Crea un blog con Blogger (ferramenta de Google) – Sistema operativo Linux
Datas: 14/09 ao 16/11 | Horario: 10:00 – 11:30 h
-Competencias dixitais coa IA – Gemini – Sistema operativo Linux
Datas: 14/09 ao 16/11 | Horario: 12:00 – 13:30 h
-FreeOffice – Suite ofimática (Windows): Textos e follas de cálculo
Datas: 14/09 ao 16/11 | Horario: 17:00 – 18:30 h
Tamén na Aula de Redondela celebraranse os venres dúas actividades:
-Obradoiros para adultos – consultas e dúbidas: 18/09 ao 16/10 | Horario: 09:30 – 12:00 h
-Formularios editables en PDF – sistema operativo Linux: 18/09 ao 16/10 | Horario: 12:00 – 13:30 h
Na Aula CeMIT de Chapela
As actividades formativas previstas para a Aula CeMIT de Chapela levaranse a cabo os martes e os xoves, entre o 15 de setembro e o 17 de novembro.
-Informática aplicada a contabilidade básica (con follas de cálculo Calc en Linux)
Datas: 15/09 ao 17/11 | Horario: 10:00 – 11:30 h
-Introdución ao deseño con Draw de LibreOffice (Linux)
Datas: 15/09 ao 17/11 | Horario: 12:00 – 13:30 h
-Competencias dixitais coa IA – Gemini (Linux)
Datas: 15/09 ao 17/11 | Horario: 17:00 – 18:30 h
Ademais celebraranse os venres as seguintes actividades:
-Obradoiros para adultos – consultas e dúbidas: 23/10 ao 13/11 | Horario: 09:30 – 12:00 h
-Competencias dixitais básicas para adultos (S.O. Linux e Windows): 23/10 ao 13/11 | Horario: 12:00 – 13:30 h
As instancias para participar nos cursos pódense recoller na páxina web de Redondela, no Centro de Formación A Marisma (ao carón da piscina municipal) e no multiúsos da Xunqueira en Redondela. En Chapela pódense solicitar nas Dependencias dos Servizos Sociais.

