
Amazon estrea en España Engadir á entrega, unha nova función dispoñible para os clientes Prime que permite incorporar produtos a un pedido xa realizado e previsto para unha próxima entrega, sen ter que repetir todo o proceso de compra.
A opción está pensada para situacións nas que, despois de completar un pedido, o cliente lembra que necesita algún produto adicional e quere recibilo xunto co que xa tiña solicitado. Así, pode engadir desde papel de cociña ou pilas ata libros, produtos para mascotas, artigos de moda ou dispositivos tecnolóxicos.
Os produtos compatibles identifícanse cun botón azul de Engadir á entrega, que aparece nos resultados de busca e nas páxinas dos produtos tanto na aplicación de Amazon como en Amazon.es desde dispositivos móbiles. Tras premer o botón e confirmar a operación, o artigo incorpórase automaticamente á próxima entrega.
A función está dispoñible durante un período limitado despois de realizar o pedido. Se o usuario cambia de opinión, pode utilizar a opción Desfacer para retirar o produto engadido.
A nova funcionalidade súmase ás vantaxes de Amazon Prime en España, que inclúen opcións de entrega rápida, acceso a ofertas exclusivas e servizos de lecer.
