
A Casa dos Poetas de Celanova acolleu este venres 25 de setembro a presentación do libro Memoria RAM: Cero, de Francisco Castro, publicado por Editorial Elvira. Participaron o autor e máis Luís Vázquez, en representación da Fundación Curros Enríquez.
Foia a primeira actividade organizada coa Asociación de Escritoras e Escritores e Lingua Galega tras a sinatura do convenio coa Fundación Curros Enríquez.
RAM: Cero é un libro de poesía (o primeiro do autor) no que Castro explora a tensión entre os sentimentos máis fondos do ser humano (as cicatrices emocionais, as paixóns) e o mundo dixitalizado e frío que representan os algoritmos. Nel, o autor propón unha resistencia onde a vida, o amor, o desexo e a ferida dialogan coas intelixencias artificiais, as cidades intelixentes e as pantallas.

Na ficha do libro indícase tamén que estamos “unha chamada a recuperar o corpo e a volver ao esencial e escoitar a propia voz no medio do ruído e da sobreinformación”.
Autor de obras como Chamádeme Simbad, Tes ata as dez ou Eva tomando o sol, Castro é unha das voces máis recoñecibles da literatura galega contemporánea. Neste poemario condensa a súa experiencia nun rexistro máis íntimo, onde cada palabra busca verdade e presenza.

