
A Aula CeMIT do Concello de Boiro ofrece novos cursos formativos en novas tecnoloxías para o mes de outubro, destinados a familiarizar á cidadanía coas diferentes vertentes do ámbito dixital e coas súas principais vantaxes e funcionalidades. Desta volta, o Concello e a Aula CeMIT porán o foco en como sacarlle o máximo rendemento ao noso teléfono intelixente e en como tirar proveito da suite ofimática libre LibreOffice.
As inscricións para participar deben facerse mediante o enderezo electrónico axentetic@boiro.org ou os teléfonos 981 84 26 35 e 629 769 139.
Neste mes vanse desenvolver formacións en Manexo do teléfono móbil e aplicacións, que será do 5 a 8 de outubro de 10.00 a 12.00 horas; e Procesador de textos Writer, que será do 26 ao 29 de outubro de 10.00 a 12.00 horas.
A Aula CeMIT do Concello de Boiro está situada no Centro Social de Boiro e é aula de referencia dende os seus inicios no ano 2010 pola formación en novas tecnoloxías que oferta ao longo do ano.

