
A Cidade da Cultura acolleu hoxe a apertura da xornada Os museos na encrucillada tecnolóxica: estratexias de xestión e comunicación, na que participan máis de 100 membros do persoal técnico dos centros que forman parte do Sistema Galego de Centros Museísticos.
Na inauguración deste encontro impulsado pola Xunta (Consellería de Cultura) participou (entre outras/os) o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, que explicou que o programa da xornada céntrase en darlles a coñecer e analizar as principais ferramentas para afrontar a modernización dos espazos expositivos con cuestións vencelladas ao uso de novas tecnoloxías aplicadas ao patrimonio, como a fotogrametría ou a impresión 3D, e coas estratexias en materia de xestión dixital.
Deste xeito, a xornada conta coa participación de diversos especialistas en comunicación dixital, divulgación cultural e científica e innovación no patrimonio, co obxectivo de compartir cos participantes a súa experiencia a través de varios relatorios e mesas redondas. Nesta liña, Intervirán Javier Sáinz de los Terreros, xefe do Servizo de Comunicación Dixital do Museo do Prado; Lidia García Merenciano, arqueóloga, colaboradora de medios e escritora especializada en divulgación científica; Nuria Rodríguez Ortega, doutora en Historia da Arte e especialista en Humanidades Dixitais; Néstor F. Marqués, arqueólogo e divulgador especializado en aplicar tecnoloxía ao patrimonio cultural, e Miguel Ángel Cajigal, historiador da arte e técnico do Museo Centro Gaiás

