Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Xbox crea XP para levar as súas franquías máis alá dos videoxogos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Xbox crea XP para levar as súas franquías máis alá dos videoxogos

Redacción
Publicado: 08/10/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Xbox anunciou a creación de XP, unha nova división dedicada a ampliar as súas principais franquías a través de películas e series, produtos de consumo, experiencias presenciais e asociacións estratéxicas.

Kayleen Walters, presidenta de XP

A nova división estará dirixida por Kayleen Walters, recentemente nomeada presidenta de XP, e reunirá capacidades que ata agora estaban repartidas entre diferentes equipos de Xbox. O obxectivo é facer que as franquías cheguen a máis público e crear novas formas de relación entre xogadores, seguidores, creadores e comunidades.

Os videoxogos continuarán ocupando unha posición central, mentres XP colaborará cos estudios de Xbox e con socios externos para desenvolver novas experiencias arredor dos mundos e personaxes máis coñecidos da compañía.

A estrutura de XP articúlase en catro áreas. Xbox Pictures encargarase das adaptacións ao cine, televisión e outras formas de narración audiovisual. Xbox Products desenvolverá produtos destinados aos seguidores das franquías. Xbox Places centrarase en eventos presenciais, experiencias inmersivas, atraccións, emisións e destinos. Xbox Partnerships traballará con creadores, marcas e comunidades en novas experiencias, patrocinios e acordos de colaboración.

A elección de Walters para liderar a división está relacionada coa súa experiencia na xestión de grandes propiedades de entretemento. Durante os seus 13 anos en Lucasfilm participou no crecemento e relanzamento de franquías, mentres que posteriormente, en Mojang, contribuíu á expansión de Minecraft. Baixo a súa dirección, o xogo pasou de 350 millóns de unidades vendidas a máis de 425 millóns, mentres o negocio de produtos derivados situouse entre os 20 maiores do mundo.

Durante esta etapa tamén se produciu o salto de Minecraft ao cine con A Minecraft Movie, que conseguiu a maior fin de semana de estrea da historia para unha adaptación dun videoxogo e terminou como a película máis vista na billeteira estadounidense durante a súa carreira comercial. Mojang tamén comezou a introducir a franquía en parques temáticos.

Matthew Ball, director de estratexia de Xbox, sinala que XP busca manter o vínculo co que fixo especiais estas franquías á vez que crea novas formas de participación para os seus seguidores, creadores, socios e comunidades.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

O videoxogo galego In Nomine Rally pon a proba a capacidade de IA para crear novas e revolucionarias aventuras
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Nova remesa de xogos para Game Pass encabezada pola Patrulla Canina

17/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?