
O Concello de Vilagarcía e axencia autonómica AMTEGA ofrecen este xoves 19 de novembro na Aula CeMIT de Matosinhos unha xornada sobre protección de dispositivos dixitais e prevención de posibles estafas a través de Internet. Segundo confirmou o Consistorio, as persoas que queiran participar aínda están a tempo para inscribirse (derradeiras prazas). Celebrarase baixo o epígrafe Prepárate para un Nadal ciberseguro.
A actividade forma parte dun novo ciclo de sesións formativas en materia de seguridade na Rede. A sesión diríxese a maiores de 18 anos e impartirase en horario de 10:30 a 12:00 horas. As inscrición deben realizarse no mesmo centro de Matosinhos, de luns a mércores, de 9 a 14 horas, e o mesmo día antes do inicio.
As entidades organizadoras explican que “na actualidade, a ciberseguridade é máis relevante que nunca, con ameazas en constante evolución que poden afectar a calquera persoa que acceda a internet ou utilice dispositivos intelixentes”.
E engaden: “O Nadal é un período no que aumentan as transaccións, descontos e tamén os intentos de fraude a través deste medio, por iso nesta sesión formativa ofreceranse, entro outros aspectos, pautas para realizar compras en liña de forma segura e para detectar webs ou ofertas sospeitosas; axudarase a identificar fraudes, sorteos falsos, mensaxes enganosas e outras estafas típicas destas datas; e daranse as claves para protexer correctamente dispositivos e xoguetes intelixentes”.
