Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña abre hoxe o prazo para solicitar as axudas do PEL 2027, que renovan apoios para a transformación tecnolóxica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña abre hoxe o prazo para solicitar as axudas do PEL 2027, que renovan apoios para a transformación tecnolóxica

S. P.
Publicado: 24/11/2026
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

A Deputación da Coruña abre este martes 24 de novembro o prazo para solicitar as axudas do Plan de Emprego Local (PEL) de 2027. O Goberno provincial presidido por Valentín González Formoso dota esta nova convocatoria do PEL cun orzamento inicial de 8,66 millóns de euros para que as pemes, as microempresas e as persoas autónomas dos concellos rurais da provincia poidan contratar persoal, manter postos de traballo, modernizar os seus negocios e facer fronte a gastos fixos.

Contidos
  • Ata 12.000 euros por de axuda por contratación
  • Ata 17.500 euros para modernizar os negocios rurais
  • Ata 8.400 euros para cotas e alugueiros das persoas autónomas
  • Sesión informativa o 27 de novembro
  • Máis de 10 millóns de euros para 1.510 empresas e persoas autónomas en 2026

O prazo de solicitudes remata o 18 de decembro ás 14.00 horas e a tramitación realizarase exclusivamente a través da plataforma SUBTeL da Deputación.

“O PEL constitúe un dos principais programas dentro da estratexia da Deputación da Coruña para impulsar e fortalecer o tecido empresarial dos pequenos concellos, fomentar a creación de emprego e axudar ás persoas autónomas e ás pequenas empresas a consolidar e facer medrar os seus negocios”, destacou González Formoso, presidente da Administración provincial.

As catro liñas de subvencións do PEL son compatibles entre si. As empresas e as persoas autónomas que cumpran os requisitos de todas elas poderán recibir ata 48.900 euros. Para facilitar o acceso de novos negocios ao programa, a Deputación mantén o criterio de dar maior puntuación ás empresas que non recibiron axudas do PEL en edicións anteriores.

As convocatorias prevén a posibilidade de incrementar as dotacións orzamentarias iniciais, polo que estes 8,6 millóns poderían ampliarse, segundo confirmou a Deputación

Ata 12.000 euros por de axuda por contratación

A liña PEL-Pemes para Creación e Ampliación de postos de traballo conta con 3,5 millóns de euros para apoiar as novas contratacións de pemes, microempresas e persoas autónomas en concellos de menos de 20.000 habitantes. As axudas cubrirán ata o 60 % dos custos salariais e de Seguridade Social, cun máximo de 12.000 euros por contrato a xornada completa.

A través de PEL-Pemes Mantemento, a Deputación destina outros 1,2 millóns de euros a dar continuidade aos contratos indefinidos formalizados ao abeiro das axudas PEL-Pemes deste 2026. A contía máxima será de 10.000 euros por posto de traballo e poderá chegar aos 11.000 euros no caso das persoas pertencentes aos colectivos vulnerables recollidos nas bases.

Ata 17.500 euros para modernizar os negocios rurais

deseno_plataforma_cluster_ordenador_traballo_portatil_computador.jpg

A liña PEL-Emprende Investimento, dotada con 2,76 millóns de euros, diríxese ás pemes, microempresas e persoas autónomas dos concellos de menos de 10.000 habitantes. As axudas financiarán ata o 70 % do investimento na compra de maquinaria, mobiliario, aplicacións e equipos informáticos directamente vinculados á actividade do negocio, cun máximo de 17.500 euros por persoa ou entidade beneficiaria.

Ata 8.400 euros para cotas e alugueiros das persoas autónomas

A liña PEL-Autónomos/as conta con 1,2 millóns de euros para axudar ás persoas autónomas dos concellos de menos de 10.000 habitantes a sufragar as cotas á Seguridade Social e o alugueiro de oficinas, locais comerciais e centros de traballo. O apoio ao alugueiro, incorporado este 2026, mantense nesta convocatoria cun máximo subvencionable de 500 euros ao mes. A axuda anual poderá alcanzar os 8.400 euros.

Sesión informativa o 27 de novembro

O persoal técnico do Plan de Emprego Local ofrecerá o venres 27 de novembro, ás 10.00 horas, unha sesión informativa para explicar os requisitos de cada liña e resolver dúbidas sobre a presentación das solicitudes. As persoas interesadas poden inscribirse na web de Emprego da Deputación. As bases reguladoras do programa publicáronse no Boletín Oficial da Provincia número 224, do 23 de novembro de 2026.

Máis de 10 millóns de euros para 1.510 empresas e persoas autónomas en 2026

Na convocatoria deste 2026, a Deputación concedeu 10.036.501,39 euros a 1.510 pemes, microempresas e persoas autónomas. As liñas de emprego chegaron a 504 empresas e profesionais autónomos, que recibiron máis de 5 millóns de euros para realizar 342 novas contratacións e manter 162 postos de traballo indefinidos creados ao abeiro da convocatoria anterior.

Outras 730 persoas autónomas recibiron preto de 2,2 millóns de euros para sufragar cotas á Seguridade Social e alugueiros. A liña de investimentos distribuíu máis de 2,75 millóns de euros entre 276 empresas e persoas autónomas, todas elas beneficiarias desta liña por primeira vez.

Desde a súa posta en marcha en 2016, o Plan de Emprego Local mobilizou máis de 140 millóns de euros, contribuíu á creación de 9.033 empregos e apoiou a posta en marcha de 15.733 empresas na provincia da Coruña.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026
sergas_sanidade_xunta-2.jpg
Actualidade

Licitado o servizo do soporte técnico das aplicacións informáticas da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza

24/11/2026
neno_nena_computador_ordenador_portatil_cativo_rapaz.jpg
Actualidade

O Pazo de Goiáns (Boiro) acolle este venres unha charla sobre móbiles, pantallas e redes

24/11/2026
Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?