Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo confirma que o ciberacoso é o xeito de violencia dixital máis presente nos medios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo confirma que o ciberacoso é o xeito de violencia dixital máis presente nos medios

S. P.
Publicado: 25/11/2026
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

Co gallo da celebración deste 25 de novembro (25N), Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, chegaba aos medias esta semana o resultado do 6º informe do Observatorio de Machismo Dixital Stop Machitroles, impulsado pola Cátedra de Feminismos 4.0 Depo-UVigo.

No dito informe confírmase que a violencia machista dixital ten cada vez máis presenza nos medios de comunicación, pero tamén alerta de que as novas seguen centradas no relato dos casos e non en sinalar as causas nin as solucións. O ciberacoso é o xeito de violencia máis presente pero a IA acelera novas maneiras de agresión.

Estas son tres das principais conclusións do estudo presentado este luns, 23 de novembro, no edificio Redeiras pola reitora da UVigo, Carmen García Mateo e a coordinadora de Estratexia da Deputación, Sandra Bastos, en representación das dúas institucións impulsoras da Cátedra Feminismos 4.0. Xunto con elas, estivo a técnica da Unidade de Igualdade da UVigo, Mar Fernández, autora da investigación xunto co xornalista Aarón López.

Volvendo ao informe, sinalar que este identificou máis de 1500 publicacións relacionadas co fenómeno das violencias machistas facilitadas pola tecnoloxía (VMFT) na prensa galega e nacional, o dobre ca no informe anterior. As e os investigadores detectaron unha maior presenza pública deste fenómeno que, segundo salientan: “non é un problema tecnolóxico, porque a tecnoloxía non crea violencia, senón que é un problema de desigualdade de xénero estrutural que se traslada á contorna dixital”. Asemade, as VMFT, como remarcaba Mar Fernández na presentación, teñen a capacidade de “estender as dinámicas de control, vixilancia e intimidación máis aló dos límites físicos, a través de aplicacións de mensaxería, domótica, conectividade ou xeolocalización”. Isto dilúe a fronteira entre o público e o privado e dificulta a existencia de espazos seguros para as mulleres.

En relación cos resultados do informe, a reitora remarcou que “a violencia machista non desaparece cando apagamos unha pantalla. As tecnoloxías poden prolongar o acoso, o control ou a intimidación máis alá de calquera espazo físico” e, neste escenario, “o reto non é que as mulleres teñan que facerse invisibles para estar seguras, senón construír contornas dixitais nas que poidan participar con liberdade e en igualdade de condicións”.

García Mateo sinalou tamén que comparte “especialmente” unha das miradas que se recollen no informe: “situar as mulleres non só como vítimas das violencias dixitais, senón como protagonistas das solucións. Como investigadoras, profesionais da tecnoloxía e creadoras de coñecemento.

Pola súa banda, Sandra Bastos puxo en valor a colaboración entre a UVigo e a Deputación de Pontevedra no eido da igualdade, facendo posible a Cátedra Feminismos 4.0 na que se enmarca este informe. Reivindicou que as mulleres “poidamos habitar os espazos dixitais con liberdade e con seguridade” e subliñou a importancia de asumir “que a violencia dixital non é unha violencia menor, as súas consecuencias son reais e afectan á intimidade, á dignidade e ao benestar emocional e á liberdade das mulleres que a sofren”. Tamén remarcou a importancia de contextualizar nos medios estas violencias.

A nova edición do informe Stop Machitroles supón un avance metodolóxico respecto ao anterior ao ampliar a mostra de medios analizados, pasando de oito a 11 cabeceiras e incorporando unha maior presenza de diarios estatais.

A investigación identificou un total de 1543 publicacións relacionadas co fenómeno das violencias machistas facilitadas pola tecnoloxía. Delas, 889 centrábanse na descrición de violencias concretas e 654 abordaban accións orientadas á prevención, sensibilización, regulación ou resposta institucional.

En canto aos xeitos de violencia con maior presenza, o ciberacoso segue no centro, con 398 referencias, seguido da difusión non consentida de imaxes íntimas, con 293 e a manipulación de contidos mediante IA, con 191. As redes sociais, os dispositivos dixitais e as aplicacións de mensaxaría aparecen como as principais contornas tecnolóxicas empregadas para desenvolver estas violencias no eido dixital.

A análise confirma tamén que as mulleres continúan sendo as principais vítimas representadas na cobertura mediática, tanto no caso das mulleres adultas e menores como das mulleres con presenza pública. Obsérvase unha menor visibilización de quen perpetra estas violencias, o que contribúe a desprazar o foco informativo cara ás vítimas e non cara aos mecanismos e actores que producen a agresión.

Outro dos principais achados do informe é que só o 22,1 % das publicacións incorpora algún elemento asociado á perspectiva de xénero, xa sexa mediante a contextualización das desigualdades estruturais, a identificación explícita do machismo como causa da violencia ou a difusión de recursos de apoio ás vítimas. Aínda que existen diferenzas entre medios, estes elementos continúan sendo minoritarios no conxunto da cobertura analizada.

Faise especial fincapé nesta investigación na identificación dunha crecente presenza informativa das hipertrucaxes sexualizadas e doutras formas de violencia asociadas á intelixencia artificial. Amais disto, continúa prevalecendo un enfoque centrado na protección da infancia e da adolescencia que tende a invisibilizar o carácter estrutural e profundamente xeralizado deste fenómeno, que afecta ás mulleres de todas as idades.

Para rematar, un aspecto ben importante, a importancia de atopar unha solución a este problema tan grave que, segundo este informe, pode atoparse nos medios de comunicación, que poden achegar un tratamento informativo que sexa quen de identificar as causas estruturais destas violencias, visibilizar as responsabilidades das plataformas tecnolóxicas, das institucións e dos agresores, e incorporar unha perspectiva feminista. Entre as propostas que detallou a técnica de Igualdade da UVigo salientan: evitar presentar os casos como feitos illados; contextualizar as novas no marco das desigualdades de xénero; achegar recursos de apoio ou información útil para as vítimas ou dar voz a especialistas na materia, porque “informar mellor tamén é unha forma de prevención”. E é que, como indicaba Fernández, cómpre poñer o foco en previr e educar desde idades temperás e regular para poder esixir maior responsabilidade ás plataformas tecnolóxicas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
huawei_1025317153-2172920907-1542614188427.jpg
Actualidade

Condena xudicial a Huawei nos EE.UU.

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?