Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: TP-Link presenta unha cámara doméstica con pantalla táctil e videochamadas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
TREBELLOS

TP-Link presenta unha cámara doméstica con pantalla táctil e videochamadas

Redacción
Publicado: 25/11/2026
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

TP-Link incorpora á súa gama de videovixilancia doméstica a Tapo C825, unha cámara de interior con resolución 2K que integra unha pantalla táctil a cor de catro polgadas. O trebello permite realizar videochamadas cunha soa pulsación e está pensado para facilitar a comunicación entre familiares, especialmente con nenos e persoas maiores.

A través dun botón físico, os usuarios poden iniciar conversas sen necesidade de manexar un teléfono. A C825 admite chamadas entre dúas cámaras do mesmo modelo e tamén permite recibir comunicacións desde a aplicación Tapo. Para empregar esta función é necesario configurar o servizo na aplicación, dispoñer dunha conta e manter a conexión Wi-Fi.

A cámara incorpora tamén funcións propias dun asistente doméstico. Na pantalla pódense consultar a hora, seleccionar fondos personalizados, modificar o tamaño dos textos e programar recordatorios para tarefas como tomar medicamentos ou realizar estiramentos.

A cámara de vilixancia grava en resolución 2K e ofrece un campo de visión diagonal de 114,5 graos. O cabezal motorizado xira 360 graos e segue automaticamente as persoas detectadas. O equipo conta con micrófono e altofalante para manter conversas bidireccionais e funciona con redes Wi-Fi de 2,4 e 5 GHz.

Para deixar de captar imaxes e sons conta cun modo de privacidade, que inclina fisicamente a lente cara arriba. Tamén permite limitar desde a aplicación as zonas que deben quedar fóra da vixilancia. A detección de persoas, animais e movementos realízase localmente, sen precisar dunha subscrición.

As gravacións quedan almacenadas nunha tarxeta microSD de ata 512 GB (non incluída) ou no servizo na nube Tapo Care, que é opcional. A C825 tamén funciona cos asistentes Amazon Alexa e Google Assistant e coa plataforma Samsung SmartThings.

TP-Link comeza a comercializar a Tapo C825 nos Estados Unidos por 149,99 dólares (137 euros), dispoñible tamén en lotes de 2 ou 3 unidades, o que supón un aforro significativo (2 unidades xuntas custan menos que 2 unidades soltas). Polo momento non se anunciou cando chegará o produto a España.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







							banner							
							banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

TREBELLOS

O Honor Magic9 Pro Max inicia o seu espallamento internacional

24/11/2026
TREBELLOS

Samsung presenta o primeiro monitor gaming capaz de alcanzar os 1.100 Hz

23/11/2026
TREBELLOS

Primeiros auriculares abertos con deseño de clip de Xiaomi

17/11/2026
TREBELLOS

Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España

17/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?