Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

S. P.
Publicado: 26/11/2026
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

O proxecto europeo GRESINT, que explorou (baixo o liderado de SOGAMA) as posibilidades que abren a IA e a robotización para mellorar a clasificación e a reciclaxe de residuos, compartiu este mes boa parte dos seus resultados. O director do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC), Manuel Francisco González Penedo, estivo presente o pasado 20 de novembro en Porto (Portugal) na xornada de clausura desta iniciativa de cooperación transfronteiriza. Como lembraremos, GRESINT conta co impulso do CITIC e doutras tres entidades de Galicia e Portugal. Na cita no país veciño tamén estivo Miguel Ángel Rodríguez Luaces, investigador do CITIC.

Contidos
  • Intelixencia artificial, datos e robotización para mellorar a reciclaxe
  • Cooperación entre Galicia e Portugal para impulsar a innovación
  • Un punto de partida para novas iniciativas

Liderado por SOGAMA e seleccionado na terceira convocatoria do Programa Interreg España-Portugal (POCTEP 2021-2027), GRESINT reuniu a catro entidades de ambos os lados da fronteira: SOGAMA, o CITIC da UDC, a Asociación de Municipios para a Xestión Sostible de Residuos de Grande Porto (LIPOR) e a Universidade da Beira Interior (UBI). O proxecto contou cun orzamento de 787.544,67 euros, co-financiado nun 75% pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

O obxectivo desta iniciativa foi impulsar a transformación dixital do sector dos residuos mediante a incorporación de tecnoloxías capaces de mellorar a clasificación de envases e optimizar as distintas fases da cadea de xestión, desde a recollida e selección ata a reciclaxe e a valorización.

“Unha separación máis precisa permite recuperar materiais de maior calidade e facilitar a súa reincorporación ao ciclo produtivo, reducindo a necesidade de utilizar materias primas virxes e contribuíndo ao avance da economía circular”, segundo explican as ditas entidades.

Intelixencia artificial, datos e robotización para mellorar a reciclaxe

Miguel Rodríguez Luaces, investigador do CITIC, na súa intervención en Porto

Un dos principais ámbitos de actuación de GRESINT foi a experimentación con solucións tecnolóxicas nas instalacións das plantas de tratamento de SOGAMA, en Cerceda, e LIPOR, en Portugal. Os traballos incluíron a optimización dos sistemas de sensórica das liñas de selección, a aplicación de intelixencia artificial para procesar grandes volumes de información e extraer coñecemento útil para a toma de decisións, e a incorporación de sistemas robotizados para mellorar a clasificación de materiais e o control de calidade.

Entre os resultados destaca a instalación en LIPOR dun robot na súa unidade de clasificación automática de envases, capaz de identificar os materiais mediante intelixencia artificial e separalos segundo a súa tipoloxía. Estas experiencias piloto permitiron comprobar en contornas reais o potencial das novas tecnoloxías para mellorar a precisión e a eficiencia dos procesos de selección.

O proxecto abordou tamén o desenvolvemento dunha infraestrutura compartida de datos baseada nun Data Lake, destinada a reunir e xestionar a información xerada nas plantas de SOGAMA e LIPOR.

“Esta infraestrutura, xunto cunha plataforma conxunta de intelixencia artificial, permitirá facilitar o acceso seguro aos datos, ampliar a información dispoñible para adestrar os algoritmos e avaliar o rendemento e a calidade dos procesos de clasificación”, sinalan dende o CITIC.

Neste contexto, Manuel González Penedo destacou que “a capacidade de recompilar, procesar e analizar información abre novas posibilidades para comprender mellor os procesos industriais, anticipar incidencias, detectar ineficiencias e optimizar a toma de decisións”. Así mesmo, sinalou que GRESINT “exemplifica como o coñecemento científico e tecnolóxico desenvolvido no ámbito universitario pode trasladarse a contornas reais para dar resposta a necesidades concretas do tecido produtivo”.

O director do CITIC incidiu tamén en que “a transformación dixital non depende unicamente de incorporar novas ferramentas tecnolóxicas, senón de contar con profesionais preparados para desenvolvelas, utilizalas e integralas nos procesos produtivos”.

Por iso, a iniciativa incluíu accións de formación e comunicación dirixidas a cidadanía, administracións públicas e profesionais do sector, co propósito de promover a correcta separación de residuos en orixe e dar a coñecer as oportunidades que ofrecen as tecnoloxías intelixentes para incrementar os índices de reciclaxe.

Cooperación entre Galicia e Portugal para impulsar a innovación

Manuel Pendo durante o seu relatorio

A dimensión transfronteiriza foi outro dos elementos fundamentais de GRESINT. A colaboración entre entidades galegas e portuguesas permitiu compartir coñecementos, capacidades tecnolóxicas e experiencias, así como probar solucións conxuntas ante desafíos comúns en materia de sustentabilidade e xestión de residuos.

Durante a súa intervención en Porto, González Penedo reivindicou o valor dos programas europeos de cooperación territorial como instrumentos para identificar retos compartidos e desenvolver respostas que dificilmente poderían abordarse desde unha perspectiva exclusivamente local ou nacional. En particular, destacou “as oportunidades que ofrece a colaboración entre Galicia e o norte de Portugal, territorios con proximidade xeográfica, vínculos históricos e culturais e estruturas produtivas complementarias”.

Así mesmo, subliñou “a importancia de fortalecer a colaboración entre empresas, administracións públicas e universidades e centros de investigación”. Engadiu ademais que “a conexión entre as necesidades do mercado, a capacidade de impulso institucional e o coñecemento científico e tecnolóxico resulta esencial para converter os desafíos sociais, económicos e medioambientais en solucións innovadoras”.

Un punto de partida para novas iniciativas

A xornada de clausura reuniu a representantes das catro entidades socias para compartir os principais resultados, aprendizaxes e perspectivas de futuro do proxecto, nun encontro que permitiu facer balance do traballo desenvolvido e das oportunidades que abre a dixitalización no ámbito da xestión de residuos.

Para o CITIC, GRESINT representa “tamén unha oportunidade para reforzar a transferencia de coñecemento e a colaboración co tecido industrial”. Seguindo este fío, Manuel González Penedo defendeu que “o peche do proxecto debe entenderse como un punto de partida para novas alianzas e iniciativas de investigación e innovación”, e reiterou “a vontade do centro de seguir poñendo as súas capacidades en intelixencia artificial, análise de datos, optimización de procesos e transformación dixital ao servizo dos retos da industria e a sociedade”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

X por fin incorpora controis parentais

26/11/2026
Actualidade

Balidea e a USC organizan unha mesa redonda sobre IA médica responsable

26/11/2026
Actualidade

Galicia contará cun rexistro de condenados por violencia dixital

26/11/2026
Actualidade

Marga Tojo imparte no IES A Pobra do Caramiñal dous novos obradoiros de alfabetización mediática

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?