Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pechan Yend It, unha das webs que difundía series de televisión e películas baseándose no servizo Stage6
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Internet

Pechan Yend It, unha das webs que difundía series de televisión e películas baseándose no servizo Stage6

Marcus Fernández
Publicado: 31/08/2007
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

yendit.jpgOs responsables de DivX crearon en marzo de 2006 un reprodutor do seu formato de vídeo orientado á web que se completaría 5 meses despois co servizo Stage6 quixeron crear un YouTube de seu, con contidos de altísima calidade (mesmo teñen clips en alta definición) que comezou con certa permisividade, polo que multitude de usuarios se dedicaron a compartir mediante tal plataforma unha chea de películas e series de televisión librándose así das complicacións das redes P2P.
En vista de que publicar contidos sen permiso podería dar problemas a Stage6, a xente de DivX eliminaba da súa web as referencias ós vídeos conflitivos, pero non os borraba do seu sistema, o que propiciou a aparición de webs coma Joox, que recompila centos de vídeos en inglés de material difundido sen permiso dos seus autores.
Vendo que dende DivX non tomaban medidas ante este tipo de webs (posiblemente para promover o engadido para o navegador que permite a visualización de clips en DivX incrustado en páxinas web) apareceron moitas réplicas de Joox para contidos en español, destacando Películasonline, Yend It, Sinlamula e Divoox, pero tras moitos meses de bo funcionamento parece que dende DivX non queren arriscarse a que a proliferación deste tipo de webs lle afecte negativamente, e comezan a vetar o acceso ós contidos do seu servidor dende algúns dominios de Internet. Tal pasou con Yend It, páxina que vén de pechar tras recibir unha advertencia de DivX e á que poderían seguir o resto.
Nun blog, o responsable de Yend It baixo o pseudónimo FeKuLa comentaba o acontecido, recomendando ós seguidores da súa web que empregasen servizos alternativos e recoñecendo que prefería non complicarse a vida loitando contra os vetos da compañía norteamericana.
De continuar a persecución de webs deste tipo por parte de DivX pasarían a estar en perigo de extinción, e os seus usuarios deixarían de ter unha biblioteca videográfica de balde na Rede, que podería estar a supor un importante prexuízo a industria audiovisual (xa que permite a descarga de contidos protexidos por dereitos de autor a unha enorme masa de usuarios que non se atreve coas tecnoloxías P2P).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

informe-fogares_edicion-2025.jpg
Internet

Galicia sumou máis de 72.000 internautas de 65 a 74 entre 2021 e 2025

10/07/2026
hua-en8010ts-20_desc_2.jpg
Internet

A fibra de 10 Gbps de Movistar supón un incremento de prezo de 5/10 euros ao mes

16/02/2026
hua-en8010ts-20_desc_2.jpg
Internet

Movistar podería estrear comercialmente a fibra a 10 Gbps o vindeiro día 16

02/02/2026
os_mar_2012_2017_ww.jpg
Internet

Android xa é o sistema operativo máis empregado para acceder á web

04/04/2017

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?