
As axencias que chegaron a este interesante acordo con Google son a estadounidense Associated Press (AP), a canadense Canadian Press (CP), a británica Press Association (PA) e a francesa Agence France-Presse (AFP), e o presidente desta última, Pierre Louette, asegurou que “este acordo con varias axencias de prensa expresa o recoñecemento por parte de Google da calidade do seu traballo, así como a orixinalidade de cada unha das súas miradas sobre o mundo”.
Louette engadiu que “terá un dobre efecto, do que hai que felicitarse: facilitar o acceso ás informacións actuais do mundo e incitar ós internautas a navegar cara ós sitios de outros medios, sobre todo de análise e opinións”.
Cabe destacar que a AFP xa ten acordos semellantes con Yahoo!, MSN, AOL e Orange.
4 axencias de noticias publicarán as súas informacións directamente en Google News
Compartir Este Artigo

