Anuncio do concurso |
Para dar unha maior visibilidade ás mulleres na Rede e fomentar a creación de contidos de interese (de autoría feminina ou masculina) convócase o II Concurso Muller TODAS, que ten unha duración de 10 semanas, de xeito que do 1 de setembro ó 31 de outubro se recibirán inscricións e nas súas semanas seguintes o xurado decidirá os gañadores nas categorías de artigo, fotografía, podcast e vídeo , existindo unha 5ª categoría coñecida coma “caza ó xurado” na que se darán pistas para que os lectores poidan adiviñar quen son os integrantes do xurado do concurso. Daranse dous premios por categoría (galardoando a autores masculinos e femininos por separado).
Os contidos presentados deberán estar en español, aínda que se aceptarán tamén noutras linguas sempre que se achegue a tradución correspondente para que poida ser comprensible para calquera lector hispanofalante.

