Novo blog en formato de tebeoAs radios e as televisións parece que se van sumando paulatinamente ó mundo dos blogs, e unha canle que está a apostar forte pola blogosfera para achegarse ó seu público é a MTV española, que estrea o seu 6º blog da man do historietista e deseñador gráfico Manuel Bartual (tamén colaborador de El Jueves) que entretén e divirte cun blog en formato de cómic no que trata temas da actualidade musical e o seu mundo. ¡Escucha esto! é o nome deste novo blogcómic na liña doutros coma Interneteo y Aparatuquis (de Mauro Entrialgo para ElPaís.com), e que viría a constatar a tendencia que incorporar humor gráfico tanto nas edicións en papel como nas páxinas web. Manuel Bartual fai burla do uso que os músicos fan de MySpace